SANTIAGO .- O Consello da Xunta aprobou hoxe un acordo de colaboración técnico-financeiro co concello de Cervo para facer unha nova estación depuradora por un importe de 1.477.469,10 euros. Tamén autorizar a AGADER para o pagamento de ata o 100% das subvencións aos grupos de desenvolvemento rural.
NOTA DE PRENSA
O CONSELLO DA XUNTA APROBA A COLABORACIÓN TÉCNICO-FINANCEIRA CO CONCELLO DE CERVO PARA EXECUTAR UNHA NOVA ESTACIÓN DEPURADORA POR UN IMPORTE DE CASE 1,5 MILLÓNS DE EUROS
o
A Xunta financiará o 100% das obras, que darán servizo a unha zona de máis de 1.500 habitantes e terán un prazo de execución de 12 meses
o
As obras da nova EDAR contribuirán ao saneamento do río Xunco, á beira do cal se atopan as instalacións da fábrica de Sargadelos.
o
Dentro do acordo entre a Xunta e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico para a realización de infraestruturas hidráulicas, o organismo estatal está executando a obra de colectores e depuradora en San Cibrao, adxudicada por 3 millóns de euros
o
Esta Edar non contempla emisario submarino para a vertedura do efluente ao mar, polo que Augas de Galicia está iniciando a redacción do proxecto do dito emisario
O Consello da Xunta autorizou esta mañá a sinatura dun acordo polo que se aproba a colaboración técnico-financeira entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o concello de Cervo, que ten como principal obxectivo a execución de anteproxecto de colectores xerais e unha nova estación depuradora neste concello lucense, ao cal se destinarán máis de 1.700.000 euros, dividido en tres anualidades.
Así, neste mesmo exercicio, a Xunta de Galicia fará un investimento de 175.275 euros; no ano 2010 achegaranse 1.477.469,10 euros; e no ano 2011 o gasto suporá un custe de 100.000 euros. O departamento que dirixe Agustín Hernández financiará o 100% do custo das obras, que se executarán nun período de 12 meses e que ao seu remate darán servizo a máis de 1.500 habitantes dos núcleos de Cervo e Figueirido.
Este tipo de obras responden á colaboración que establece a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas coas entidades locais para o desenvolvemento de infraestruturas, debido a que os concellos teñen un orzamento insuficiente para poder financialas.
Obras a realizar
O organismo autonómico Augas de Galicia levará a cabo distintas actuacións, co fin de resolver as carencias da rede de saneamento dos núcleos de Cervo e Figueirido, que inclúen verteduras de augas residuais sen depurar ao río Xunco, polo que se propón a construción dunha nova estación depuradora con capacidade para dar servizo a máis de 1.500 habitantes, así como colectores que unidos á rede actual, levarán a auga á Edar. Tamén se realizarán melloras na rede de Figueirido.
As actuacións previstas para a zona de Cervo inclúen un novo colector de residuais estanco paralelo á marxe dereita do río Xunco, fóra da zona de servidume agás un pequeno treito, que levará as augas de Cervo ata a Edar. Tamén será necesario un bombeo con 25 metros de impulsión para elevar as augas residuais da rúa Soto e parte da rúa Xosé Álvarez ata a nova rede. Ademais, farase unha rede separativa para pluviais na rúa do Vilar, que verterá ao río Xunco, e na avenida de Galicia e rúa Xosé María Cao, que se conectará á rede de pluviais actual. En total empregaranse mil metros de tubaxe.
Así mesmo, en Figueirido porase na depuradora prefabricada existente unha reixa na arqueta de desbaste, a cal se dotará dun aliviadoiro e procederase á correcta execución do separador de graxas e da arqueta de inspección. Por outra banda, o colector actual repararase á súa chegada a esta depuradora, acometendo a mellora da coieira de protección deste colector nun treito de 180 metros que se atopa en mal estado.
Así mesmo, levarase a cabo a Edar, que terá capacidade para os referidos 1.500 habitantes, cun caudal medio de 290 m3 /día e cun caudal punta de 36,25 m3/hora, nunha parcela de 1.425 m2 que estará situada no concello de Cervo.
Por outra parte, os actuais elementos de depuración serán demolidos e retirados, facendo neste lugar un recheo e coieira de sostemento para ampliar a estrada actual.
Outras actuacións en marcha
Dentro do acordo entre a Xunta e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico para a realización de infraestruturas hidráulicas na nosa comunidade, o organismo estatal está executando a obra de colectores e depuradora de augas residuais en San Cibrao, adxudicada por 3 millóns de euros, con capacidade para 8.000 habitantes. Esta Edar non contempla emisario submarino para a vertedura do efluente ao mar, polo que Augas de Galicia está iniciando a redacción do proxecto do dito emisario.
——————————————————————————————————————————————————————————————–
O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA A AGADER PARA O PAGAMENTO DE ATA O 100% DAS SUBVENCIÓNS AOS GRUPOS DE ESENVOLVEMENTO RURAL
*
Co acordo de hoxe, os GDR terán solvencia para encetar algunhas das súas actuacións pendentes
O Consello da Xunta acordou autorizar a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dependente da Consellería do Medio Rural, para a concesión de pagamentos anticipados por importe conxunto de ata o cento por cento da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados dos grupos de desenvolvemento rural (GDR). Estes pagamentos refírense a gastos de funcionamento, adquisicións necesarias, e promoción en cadanseu territorio.
Estes GDR son asociacións sen ánimo de lucro compostas por un conxunto de interlocutores, públicos e privados, que representan axentes pertencentes aos distintos sectores socioeconómicos dun territorio determinado. Os GDR actúan como entidades colaboradoras e como beneficiarios nas subvencións concedidas polo programa Leader Galicia 2007-2013, cofinanciado polo programa europeo Feader e a propia Xunta de Galicia.
Precisamente, os GDR carecen doutro financiamento externo que non sexa este mesmo programa Leader, en cuxas bases reguladoras se establece a concesión destes pagamentos parciais e anticipos, de conformidade co disposto na Lei de subvencións de Galicia, e ao abeiro das disposicións comunitarias reguladoras dos programas europeos.
Información complementaria que non forma parte da nota de prensa da Xunta:
Na Mariña lucense constituíuse o Grupo de Desenvolvemento Rural -1 (GDR-1) integrado por preto de 200 asociacións, entidades e colectivos dos concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Mondo?edo, Alfoz, O Valadouro, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ourol y O Vicedo. A dotación teórica para o programa é de 4. 585.557 euros e os cálculos realizados para o gasto total ascenden a preto de 10.500.000€.
As axudas do Leader están destinadas ao desenvolvemento do medio rural, existindo varias liñas de axuda nas que se poden incluír os proxectos. Esta liñas son: dinamización do sector agrario e forestal, mellora medioambiental e do contorno rural e diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida. Esta última medida é a que leva unha maior dotación de fondos, para tratar de acadar o obxectivo xeral de mellora da calidade de vida en zonas rurais e diversificación da economía rural. Nesta medida, inclúense actuacións como a transformación e venda de produtos agrarios na propia explotación; creación, ampliación, modernización e /ou traslado de Pequenas e Medianas Empresas en sectores da economías distintos ao da producción agraria primaria, fomento de actividade turísticas, etc.
A función principal do Grupo de Desenvolvemento Rural é a execución do Programa Leader, pero tamén cumprirá a función de orientar a promotores sobre outros programas de axudas e vehiculizará a participación noutros programas de desenvolvemento e valorización dos recursos do territorio, tal e como sinalou o Presidente do GDR.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



