LOURENZÁ .- Dentro do programa da XIX Festa da Faba de Lourenzá, o domingo poderá disfrutarse da actuación da Burela Blues Band, Cantareiras de Ardebullo, orquestra Panamá, Charanga Garrafón de Chantada, e da escola de música e danza Osorio Gutierrez.
Nota de Prensa
EXPOSITORES DA FESTA DA FABA
Este ano participan máis de 40 expositores, con representacións de toda Galicia e Asturias. Todos estes artesáns estarán arroupados nunha gran diversidade de sectores: artesanía en madeira, cestería, coiro, alimentación, cerámica. A feira – exposición da XIX Festa da Faba está ubicada no Mosteiro de San Salvador e nunha carpa instalada no recinto feira. Os horarios dos Artesáns serán os seguintes:
OBRADOIRO DE BARRO
No que os participantes porán experimentar o traballo co barro no torno. Esta actividade levarase en horario de mañá e tarde no claustro da feria-exposición.
FESTA INFANTIL
Estarán instalados unha serie de inchables (futbolín humano, tobogán escalada, castelo encantado) que farán as delicias dos pequenos dende as 15,30 – 19,30 h.) na praza do Conde Santo (en caso de choiva trasladarase ás naves do mercado comarcal).
ACTUACIÓNS MUSICAIS
Seguindo coa liña comezada en pasadas edicións Terán lugar espectáculos musicais que abrangueran distintos estilos:
©Música tradicional, a cargo da ESCOLA DE MÚSICA E DANZA “OSORIO GUTIÉRREZ” (actuación ás 12,30 horas no clasutro)
©Música de rúa a cargo da CHARANGA GARRAFÓN de Chantada.
©Música jazz-pop a cargo de BURELA BLUES BAND – 18,00 horas no claustro mosteiro ( en caso de choiva a actuación tería lugar na carpa instalada na Praza do Conde Santo)
©Actuación das CANTAREIRAS DE ARDEBULLO – 21,00 horas na Praza do Conde Santo (en caso de choiva os asistentes poderán albergarse na carpa situada en dita praza).
© Música de orquestra a cargo da orquestra PANAMÁ




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



