No día de hoxe ( 27 de outubro de 2009 ), a Súa Maxestade O Rei, entrega ó prestixioso intelectual e empresario Isaac Díaz Pardo a Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes. Non vamos a incidir na personalidade de Dìaz Pardo por ser persoeiro dabondo coñecido no país e de xeito especial na nosa comarca, onde a súa obra cultural e empresarial ten unha especial relevancia; bastaría só mentar a Sargadelos co que este significa na vida industrial, socio-laboral, cultural e polo tanto, económica da bisbarra. O inxente labor levado a cabo por el, todo un símbolo da coherencia, a humildade, da dignidade e o amor á terra, está a recibir dende hai tempo o recoñecemento de tal evidencia por parte de institucións e colectivos que valoran a permanente actitude humana e intelectual que tanto ben ten reportado, e segue a facelo, a Galicia en xeral é á Mariña en particular, onde ó longo dos tempos non se prodigaron precisamente valedores semellantes. Isaac, cos seus ilustres cómplices promotores da ambiciosa operación de recuperar a memoria histórica a través da cerámica tradicional, con novas formas baseadas na sabenza popular, trouxo á nosa bisbarra cultura, arte, prestixio e postos de traballo, directos e indirectos, e o nome dos nosos pobos acadaron renome universal. Por eso os mariñáns non podemos quedar á marxe das manifestacións de solidariedade con este home sen amosarlle, de xeito colectivo, o noso recoñecemento e gratitude a quen tanto leva feito pola nosa terra, á que trouxo valores imperecedoiros que quedarán gravados con letras de ouro nas páxinas da súa historia. O contrario sería dunha ingratitude imperdoable. O mes de xullo do ano pasado, Díaz Pardo recibía a Medalla de Ouro de Galicia, máxima distinción que concede o goberno galego; un mes despois O Mundo de Galea, de ámbito comarcal, investía ó ilustre intelectual como Cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela e o concello de Cervo anuncia o seu nomeamento como Fillo Adoptivo, ambas iniciativas, e outras que se teñen producido, encomiables; pero entendemos que ésta última debería ser solidaria entre os concellos da Mariña e ofrecerlle todos a mesma distinción, feito do que existe precedente. A Mancomunidade de Concellos (¿que fixeron dela?) podía ser quen a coordinase.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



