LOURENZÁ .- O venres, día 6, no marco das III Xornada do cooperativismo presentarase o “estudio de viabilidade sobre a creación dunha cooperativa comercializadora de faba”, segundo indicou a responsable municipal de Medio Rural, Enma Álvarez Chao. O obxectivo deste estudio e servir de guía aos produtores para o único fin da comercialización conxunta como medida de presión no mercado, explicou.
Nota de Prensa
O vindeiro venres, no marco das III Xornadas s/cooperativismo agrario organizadas polo concello e en colaboración coa consellería de traballo, vamos a presentar o tan ansiado estudio de viabilidade sobre a creación dunha cooperativa comercializadora de faba encargado pola delegación de medio rural do concello, a cal represento. Así lle lo fixemos chegar aos productores inscritos no concello aínda que as xornadas están abertas para todo público en xeral.
O obxetivo deste estudio e servir de guía aos productores para o único fin da comercialización conxunta como medida de presión no mercado.
Texto da carta enviada a tódo-los fabeiros inscritos no rexistro de fabeiros do concello:
Estimada/o productora/o:
Como de seguro saben, o pasado 15 deste mes a Comisión Europea aprobou incluír a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá entre os alimentos de calidade salvagardados pola Unión Europea. Desta maneira, as fabas que se producen na Mariña pasan a formar parte da lista de productos con Denominación de Orixe Protexida amparados pola normativa comunitaria Por este motivo, estimado fabeiro, aproveito esta ocasión para empezar dándolle a miña sinceira enhoraboa pola laboura que, con mimo e dedicación desenrola día a día, dende a sementeira ata a colleita da súa producción, e que sin dúbida, contribuíu a que a nosa Faba acadara esta ben estimada distinción.
É un pracer para min dirixirme a vostede por terceiro ano consecutivo para convidalo as III XORNADAS COOPERATIVAS adicadas a Faba de Lourenzá que se desenvolverán no salón de actos da Casa da Cultura na tarde do vindeiro venres 6 de Novembro e para as cales lles adxunto o programa.
Estas xornadas son especialmente importantes posto que ao longo das mesmas aproveitaremos para presentarlles o resultado do Estudio de Viabilidade feito polo equipo técnico Proxectos Consultoria e Formación S.L sobre unha cooperativa comercialiadora de faba. Dende a delegación de Medio Rural do Concello entendemos que un producto como o que vostede produce debe acadar un prezo de venda digno que cubra os custos de produción e que ademáis valore as características diferencidoras da nosa faba. Animoo a que pase esta tarde connosco que sin dúbida será de interese para vostede. para ter unha previsión de asistentes prégolle confirme a súa asistencia antes do xoves 5 de Novembro.
3ª XORNADA DO COOPERATIVISMO
6 NOVEMBRO de 2009
De 15.30h a 19.30h.
Salón de Actos
CASA DA CULTURA LOURENZÁ
GUIÓN DA XORNADA
15.30 Recepción de asistentes e entrega documentación.
15.50 Presentación da Xornada. (Emma Álvarez – Edil Medio Rural).
16.00 Ponencia: “Por qué non unha cooperativa?”.
16.50 Ponencia: “Caracterización do Cooperativismo”.
17.40 Ponencia: “Trámites para a constitución dunha cooperativa”.
18.30 Presentación do proxecto.
19.30 Viño galego.
Inscrición ata o 5 de novembro do 2009 no Concello de
Lourenzá, ou a través do teléfono 982 12 10 06.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



