Nota de Prensa
O alcalde cala mentres nos orzamentos da Xunta non se consigna ningunha obra nova para Cervo no ano 2010
Os investimentos mais importantes corresponden ao abastecemento de auga a Cervo e Burela e ao saneamento de San Cibrao que xa estaba comprometido con anterioridade
Os nacionalistas presentarán emendas que nalgúns casos coinciden cos demandas de Balseiro nos últimos anos polo que agardan contar co seu apoio
Cervo, 29 de outubro de 2009. O BNG á vista dos orzamentos elaborados polo PP para o ano 2010 consideran que Cervo non existe dentro das prioridades de investimentos do goberno de Feijoo para o ano 2010. Da campaña mediática lanzada polos dirixentes populares na comarca está desaparecido o alcalde de Cervo e non é de estrañar, non hai ningún investimento novo que non estivera comprometido con anterioridade e tampouco se ven reflectidas nas contas públicas do goberno da Xunta para 2010, ningunha das demandas do alcalde e do parlamentar, José Manuel Balseiro nos últimos anos.
Os investimentos mais importantes xa estaban comprometidos con anterioridade
Os nacionalistas cervenses sinalaron que as partidas mais importantes existentes no proxecto de orzamentos da Xunta para 2010 corresponden con compromisos plurianuais xa existentes con anterioridade, así consígnase unha partida para a construción da EDAR e rede de saneamento de San Cibrao de 1.47m€ e a parte que corresponde do abastecemento de auga aos concellos de Cervo e Burela cun investimento para 2010 de 1.38m€. O responsábel local nacionalista, Ramón Luís Bernardo Insua, lamentou a falta de coherencia do PP que “despois das campañas sobre o suposto abandono do anterior goberno galego con Cervo, agora agardábamos moito mais”, facer o que xa estaba comprometido non di moito da defensa dos intereses do seu concello por parte do alcalde e do flamante Secretario da Cámara Galega”
O alcalde apresúrase agora a anunciar como propios os investimentos que se executan con cargo ao traballo do anterior goberno galego
O BNG pregúntase “onde están os impulsos reivindicativos do goberno municipal dos últimos anos” diante duns orzamentos que non anuncian nada novo para o concello no ano 2010, Bernardo Insua concretou que “o concello vai vivir no 2010 das xestións realizadas polo anterior goberno galego” e lembrou os investimentos no Polígono Empresarial de Cuíña, as vivendas sociais de Río Covo, as redes de gas para San Cibrao, as obras de saneamento en Gondrás ou as obras de rehabilitación do entorno da fonte da Pultreira, o arranxo do camiño do Vedral en Rúa ou o acondicionamento dunha zona de lecer na Senra, son obras xestionadas polo anterior goberno que xa remataron ou están en execución e que agora o alcalde dedícase a anunciar como propias.
As demandas do PP co anterior goberno son agora papel mollado mentres o alcalde cala.
O responsábel local cervense quixo facer memoria en relación ás demandas do Partido Popular diante do anterior goberno da Xunta que agora pasan ao esquecemento, asuntos como o cinto industrial de Alcoa que contou co apoio unánime da corporación, a compra dos terreos do Castro da Atalaia, a construcción dun Centro de Día en cada parroquia e unha residencia da terceira idade para 70 prazas, a rehabilitación de Sargadelos, o mantemento da EDAR de San Cibrao, a construcción de vivenda de protección pública, etc. Bernardo Insua reclamou ao PP coherencia e defensa dos intereses veciñais, “o que antes para o alcalde era abandono da Xunta, agora é esquecemento e apatía sen que Villares alcalde queira velo ou enterarse”
O BNG agarda o apoio dos populares ás emendas que presentarán para mellorar os orzamentos para Cervo
O BNG de Cervo presentará emendas aos orzamentos da Xunta para ese ano por importe de 5,1 millóns de euros de investimento. As emendas están dirixidas fundamentalmente a investimento en infraestructuras productivas como alicerce na xeración de emprego, benestar social e infraestructuras culturais e turísticas. O portavoz nacionalista Ramón Luis Bernardo Insua, quixo lembrar a Balseiro e ao alcalde de Cervo que varias das emendas presentadas forman parte de demandas que os dous portavoces do PP reclamaban ao anterior goberno galego, “bastaría co voto de Balseiro para que estas emendas prosperasen”, e de non apoialas deberá explicar á cidadanía cervense “que cambiou no parlamentar popular para o que antes era necesario agora deixe de selo”, concluíu o portavoz nacionalista.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



