NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o alcalde está desmantelando Protección Civil.
Aseguran que a formación que se dá ós traballadores do GRUMIR é nula.
Os populares demandan unha revisión do Plan de Emerxencias Municipal.
O GMPP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que manifesta que o alcalde está desmantelando os servicios de protección civil do concello, dado que os investimentos nesta materia nos últimos dous anos foron igual a cero, e a formación que se lles dá os traballadores do GRUMIR tamén é nula.
Os populares bureleses indican que o último investimento forte en materia de protección civil foi a adquisición do camión de bombeiros, feita polo Partido Popular. A partires de ahí, nada.
Em materia de formación, os traballadores do GRUMIR non reciben ningunha, co que o risco que se corre en caso de incendio ou de accidente é importante. Cómpre lembrar que durante o goberno municipal do PP, facíanse de vez en cando prácticas, para habituar ós traballadores ós recursos cos que contaba o concello. Ademais, impulsábase a participación dos traballadores nos cursos de formación que organizaba a Xunta, e mesmo desde o propio Concello se teñen organizado congresos de formación que chegaron a ter impacto a nivel nacional. Agora, o traballo do concello en formación é igual a cero.
Ademais, os populares lembran que o concello tén un Plano de Emerxencias Municipal, PEMU, que foi un dos primeiros en ser homologado pola Xunta a nivel galego. Os populares entenden que ese Plano precisa dunha actualización sistemática e periódica. Se o alcalde coñecera o indicado Plano, seguro que non habería tanto retraso o pasado vintesete no rescate dunha persona no acantilado do Perdouro. Por certo, ainda estamos agardando que se lle diga á cidadanía de Burela porqué o equipo de rescate en altura de Cervo tamén está agardando pola resposta ó seu ofrecemento de colaborar no rescate.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



