NOTA DE PRENSA
Varias instalacións e alumeados públicos do concello de Cervo poderían sufrir cortes de enerxía eléctrica por falta de pago
As compañías subministradoras presentan constantes reclamacións por débedas no abono de facturas eléctricas
O BNG pregúntase como xestiona o goberno municipal o orzamento dedicado a enerxía eléctrica
Cervo, 30 de outubro de 2009. O BNG fai públicas as reclamacións presentadas polas compañías subministradoras de enerxía eléctrica para alumeado público e instalacións dependentes do concello de Cervo, só no mes de outubro o concello recibiu notificacións con avisos de corte por falta de pago por importes que superan os 41.000 euros e tendo que pagar recargos de demora por mais de 2.600 euros.
O BNG responsabiliza ao alcalde e concelleiro de Facenda da morosidade municipal
O BNG fai públicas as constantes reclamacións por parte de compañías subministradoras de enerxía eléctrica ao Concello de Cervo, non son novos os avisos de corte de subministro debido á morosidade dos gobernantes municipais na súa relación con empresas subministradoras de materiais e servizos; ás constantes reclamacións das compañías eléctricas hai que sumar minutas por servizos xurídicos nos múltiples casos xudiciais nos que o PP meteu ao concello de Cervo e aos seus veciños e veciñas. “A facenda municipal e un barco que vai sen rumbo fixo, sen capitán e sen tripulación” en referencia ao alcalde e Concelleiro de Facenda, Alfonso Villares e o seu grupo de goberno. Bernardo Insua responsabilizou directamente ao alcalde, escusando aos funcionarios, “que fan o que poden”. O portavoz nacionalista fixo mención a responsabilidade do goberno local que non presenta orzamentos municipais a pesar de ter maioría absoluta para aprobalos, e unicamente acude a constantes prórrogas que desvirtúan as contas de ingresos e gastos e así e imposíbel contar cun orzamento realista e acorde coas necesidades do concello. Por último, Bernardo Insua, volveu reiterar as críticas do BNG aos salarios dos concelleiros do grupo de goberno, “un grupo de goberno que lle costa aos cidadáns mais de 106.000 euros ao ano ten que ofrecer resultados e non só pasar por caixa a fin de mes”
Constantes advertencias de corte de subministro e recargos por demora no pago das facturas.
O BNG fixo públicos os avisos de corte de subministro presentados pola compañía eléctrica BEGASA mediante escritos presentados o 9 de outubro por un importe de 18.067,13€, con aviso de corte para o día 4 de febreiro de 2010 e outro presentado o 15 de outubro con data límite de pago no 17 de outubro cun paquete de facturas que suma 22.754,98€, ademais denunciou que a morosidade ten consecuencias e o concello debe afrontar o pago por recargos de 2.639,74€. A estas cantidades hai que engadir a reclamación presentada por Unión FENOSA que reclama o pago de facturas por importe de 567,80€ cun recargo de 340,51€ de non facerse efectivo o pago antes do 12 de decembro.
Ramón Luís Bernardo Insua.
Responsábel Local do BNG de Cervo Para mais información chamar ao tlf. 619591152
DATOS:
| NOTIFICACÓN DÉBEDAS BEGASA RE5546 15-10-09 | ||
| DATA LÍMITE PAGO: 17-10-09 | ||
| ZONA AFECTADA | DEBEDA | PERIODO |
| AP A ALLEIRA VILAESTROFE | 8,63 | ![]() ![]() |
| AP A ALLEIRA VILAESTROFE | 79,51 | ![]() ![]() |
| AP A ALLEIRA VILAESTROFE | 123,3 | ![]() ![]() |
| AP A ALLEIRA VILAESTROFE | 30,42 | ![]() ![]() |
| AP A ALLEIRA VILAESTROFE | 59,66 | ![]() ![]() |
| AP A ALLEIRA VILAESTROFE | 23,64 | 20/04/09 – 20/05/09 |
| AP A ALLEIRA VILAESTROFE | 82,95 | 22/03/09 – 20/04/09 |
| AP A ALLEIRA VILAESTROFE | 35,52 | 17/02/09 – 22/03/09 |
| AP A ALLEIRA VILAESTROFE | 166,75 | 18/01/09 – 17/02/09 |
| AP GALDIN | 484,96 | ![]() ![]() |
| AP GALDIN | 42,93 | ![]() ![]() |
| AP GALDIN | 1.042,29 | 17/12/08 – 10/02/09 |
| AP GALDIN | 26,33 | 12/06/09 – 30-06-09 |
| AP GALDIN | 1.150,46 | 19/10/08 – 17/12/08 |
| AP GALDIN | 922,4 | 10/02/09 – 07/04/09 |
| AP VILADESUSO | 270,84 | ![]() ![]() |
| AP VILADESUSO | 244,93 | ![]() ![]() |
| AP VILADESUSO | 189,9 | ![]() ![]() |
| AP VILADESUSO | 107,57 | ![]() ![]() |
| AP VILADESUSO | 202,76 | ![]() ![]() |
| AP VILADESUSO | 90,6 | ![]() ![]() |
| AP VILADESUSO | 109,7 | ![]() ![]() |
| AP VILADESUSO | 138,28 | ![]() ![]() |
| AP VILADESUSO | 80,93 | ![]() ![]() |
| MUIÑO CERVO | 49,57 | ![]() ![]() |
| MUIÑO CERVO | 16,8 | ![]() ![]() |
| MUIÑO CERVO | 240,86 | ![]() ![]() |
| OBRADOIRO CERVO | 30,59 | 20/04/09 – 20/05/09 |
| OBRADOIRO CERVO | 149,36 | 18/01/09 – 17/02/09 |
| OBRADOIRO CERVO | 100,44 | 03/12/08 – 23/12/08 |
| OFICINA LIEIRO | 2699,15 | ![]() ![]() |
| OFICINA LIEIRO | 3.067,99 | 12/02/09 – 12/03/09 |
| PISCINA LIEIRO | 10,02 | ? |
| PISCINA LIEIRO | 4795,09 | ![]() ![]() |
| PISCINA LIEIRO | 2215,9 | ![]() ![]() |
| PISCINA LIEIRO | 122,47 | 17/11/08 – 12/12/08 |
| PISCINA LIEIRO | 3.147,89 | 15/05/09 – 12/06/09 |
| POL INDUSTRIAL CUIÑA | 111,05 | ![]() ![]() |
| POL INDUSTRIAL CUIÑA | 9,33 | 09/05/09 – 08/06/09 |
| POL INDUSTRIAL CUIÑA | 9,33 | 07/04/09 – 09/05/09 |
| POL INDUSTRIAL CUIÑA | 24,45 | 11/03/09 – 7/04/09 |
| POL INDUSTRIAL CUIÑA | 23,7 | 10/02/09 – 07/03/09 |
| POL INDUSTRIAL CUIÑA | 107,23 | 08/01/09 – 10/02/09 |
| POL INDUSTRIAL CUIÑA | 13,51 | 29/12/08 – 08/01/09 |
| POL INDUSTRIAL CUIÑA | 15,46 | 17/12/08 – 29/12/08 |
| POL INDUSTRIAL CUIÑA | 79,53 | 09/10/08 – 17/12/08 |
| TOTAL | 22.754,98 | |
| RE5509 09/10/09 | |||||
| DATA LÍMITE DE PAGO 04/02/10 | |||||
| ZONA AFECTADA | DEBEDA | ||||
| GARAXE PROT CIVIL | 600,91 | ||||
| AP CASMAIO RÚA | 685,79 | ||||
| PAVILLÓN DEPORTES A VEIGA | 2.448,85 | ||||
| ANTENA O EIXO | 231,62 | ||||
| GARDERÍA SAN CIBRAO | 492,33 | ||||
| AP RUETA | 281,92 | ||||
| POL INDUSTRIAL CUIÑA | 1.442,17 | ||||
| CENTRO SOCIAL CURRAL | 289,79 | ||||
| ESTACIÓN BOMBEO CUIÑA | 708,53 | ||||
| AP RÚA DO VILAR (CERVO) | 289,4 | ||||
| OFICINA CAMPO DA FEIRA(CERVO) | 78,73 | ||||
| AP O MITÍN (CASTELO) | 92,07 | ||||
| AP VESTIARIOS OS CAMPOS(S.C.) | 78,64 | ||||
| BOMBEO LIEIRO | 212,86 | ||||
| NAVE POL CUIÑA | 2.801,75 | ||||
| CASA DO CONCELLO | 687,81 | ||||
| CASA DA CULTURA | 2.593,65 | ||||
| AP. XOSÉ Mª CAO | 543,81 | ||||
| BAIXO USOS PÚBLICOS MOTIN | 153,49 | ||||
| PISCINA LIEIRO | 837,2 | ||||
| AP. XOSÉ Mª CAO | 1.290,73 | ||||
| LOCAL SOCIAL A VENTA | 121,86 | ||||
| EDIF MULTIUSOS PENA | 936,91 | ||||
| A GRANDA BAIXO | 166,31 | ||||
| TOTAL | 18067,13 | ||||
| RECLAMACIÓN POR IMPAGO FTRAS. FENOSA RE5592 19/10/09 | |||||
| DATA LÍMITE DE PAGO 12/12/09 | |||||
| ZONA SERVIZO | DATA VTO. | DÉBEDA | RECARGO | ||
| AP MUIÑO DE ABAIXO CERVO | 13/10/09 | 26,42 | 20,03 | ||
| AP CURRAL GRANDE CASTELO | 13/10/09 | 2,19 | 20,03 | ||
| AP VILAR VILAESTROFE | 13/10/09 | 11,38 | 20,03 | ||
| AP A CRUZ SAN CIBRAO | 13/10/09 | 17,62 | 20,03 | ||
| AP O EIXO SAN ROMÁN | 13/10/09 | 32,91 | 20,03 | ||
| AP O EIXO SAN ROMÁN | 13/10/09 | 42,03 | 20,03 | ||
| AP XOSÉ Mª CAO CERVO | 13/10/09 | 115,72 | 20,03 | ||
| AP O MOTÍN CASTELO | 13/10/09 | 9,73 | 20,03 | ||
| AP A VENTA LIEIRO | 13/10/09 | 11,31 | 20,03 | ||
| AP CASAS NOVAS CERVO | 13/10/09 | 31,62 | 20,03 | ||
| AP O FARO SAN CIBRAO | 13/10/09 | 44,66 | 20,03 | ||
| AP CURRAL GRANDE CASTELO | 13/10/09 | 9,73 | 20,03 | ||
| AP AVDA. DE LUGO CERVO | 13/10/09 | 118,37 | 20,03 | ||
| GARAXE PRAZA CONCELLO CERVO | 13/10/09 | 55,69 | 20,03 | ||
| AP O MOTÍN CASTELO | 13/10/09 | 8,99 | 20,03 | ||
| AP O MUIÑO CERVO | 13/10/09 | 16,83 | 20,03 | ||
| AP RÚA DOS CAMPOS S. CIBRAO | 13/10/09 | 12,6 | 20,03 | ||
| TOTAL | 567,8 | 340,51 | |||






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



