RIBADEO (FNC) .- O vindeiro luns 2 de novembro dará comenzo nas parroquias ribadenses a ximnasia de mantemento. O prazo de inscrición segue aberto no Auditorio Municipal. Os interesados teñen que cubrir a ficha que lles foi remitida coa carta desde a Delegación de Deportes e entregala no Auditorio, ou ben a partires do 2 de novembro ao monitor correspondente en cada parroquia. Como en anos anteriores, será preciso presentar un informe médico conforme se pode realizar a actividade física a desenvolver.
En Vilaframil a ximnasia de mantemento será os luns e os mércores de catro a cinco da tarde. En A Devesa os martes e venres de cinco a seis. En Vilausende os luns e mércores de cinco e media a seis e media da tarde. En Vilela, luns e mércores de seis e media a sete media. En Rinlo/Ove, martes e venres de seis e media a sete e media. En Vilaselán as clases serán os luns de oito a nove e os xoves de sete a oito. En Couxela, luns e mércores de oito a nove. En Cinxe, martes e venres de oito a nove. En Cedofeita serán os luns de 21:10 a 22:10 e os xoves de oito e media a nove e media, e de nove e media a dez e media. E en Remourelle as clases serán luns e mércores de nove e media a dez e media.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



