NOTA DE PRENSA
O GMPP valora positivamente os presupostos da Xunta para Burela.
Afirman que demostran o compromiso de Núñez Feijoo con Burela.
O investimento real da Xunta superará os sete millóns de euros en 2010.
O GMPP de Burela puxo hoxe de manifesto, a través dunha nota de prensa, a súa valoración positiva dos presupostos da Xunta de Galicia para Burela para 2010, facendo fincapé en que os máis de sete millóns douscentos mil euros que a Xunta destina a Burela no capítulo de investimento real demostran o compromiso da Xunta de Núñez Feijoo con este concello e co seu desenvolvemento socioeconómico.
Os populares consideran que os presupostos do ano próximo apostan polo remate do acceso ó porto, e tamén o remate das obras de mellora de abastecemento de auga a Burela. Os populares lembraron que estas obras quedaron xa consignadas nos presupostos de 2005, últimos da Xunta de Manuel Fraga, cos seus proxectos debidamente aprobados, o que demostra que a Xunta bipartita foi incapaz de executar o que eles mesmos presupostaron. Salienta tamén o PP que tanto unha obra coma a outra foron adxudicadas en 2007 pola Xunta bipartita, nun intento de manipular e influir na campaña electoral das municipais, e agora a realidade vólvese contra deles.
A consignación para o acceso ó porto de Burela é de tres millóns setenta mil euros, mentres que para a mellora de abastecemento de auga a consignación para 2010 ascende a cincocentos corenta e cinco mil euros no que se refire ó termo municipal de Burela, e que entre Cervo e Burela supón un total de un millòn cen mil euros.
Os populares consideran importante a consignación, de trescentos mil euros, que aparece nos presupostos de 2010 para a remodelación do vial de acceso á zona sur do porto de Burela, desde Eijo Garay a ABSA polo Berbés, e que conta cun presuposto total de cincocentos oitenta mil euros. O PP lembra que esta obra fora anunciada hai uns días polo Presidente de Portos de Galicia ó portavoz popular González Barcia nunha reunión con membros de ABSA e da Confraría.
Importante tamén é a ratificación do compromiso co Hospital da Costa. Serán un millón vinteoito mil euros, que recollen as obras de xinecoloxía que o bipartito tiña presupostadas desde 2008 e que foi incapaz de realizar, e as obras de reposición do teito do hospital e da rampa, que o bipartito anunciara pero que non fora capaz nin de presupostar.
Finalmente, os populares afirman que a Consellería de Pesca presuposta catro millóns seiscentos mil euros para diversas actuacións na Mariña Central; boa parte deses fondos, en boa lóxica, repercutirán no sector pesqueiro burelés.


















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



