FOZ / XOVE (MFO) .- O Celtas-Primera Calidad non puido lograr a primeira victoria no seu viaxe a Estrada e perdeu por 93 puntos a 58. O club de baloncesto Xove perdeu na sua pista contra o C. B. Vigo AM por 85 a 87.
O partido dos focenses decidiuse xa no primeiro cuarto con un parcial de 30 a 14. Tras este partido o Celtas queda con un balance de sete derrotas e ningunha victoria.
Polo C. B. Celtas-Primera Calidad xogaron: Sama (27), Brais (3), Lucas (8), Miguel (2), Eduardo-Diego (5), Aarón (6), Manuel (2) e Ramón (5).
Pola sua parte o C. B. Xove perdeu na sua pista contra o C. B. Vigo AM por tan so dous puntos de diferencia ( 85-87). O partido foi moi igualado e decidiuse nos últimos segundos con un triple dos vigueses. A peor noticia para os de Xove foi a grave lesión de David Gómez que tivo que ser trasladado ao hospital para ser operado.
Polo C. B. Xove xogaron: Pablo Castro (10), David Gómez (12), Álvaro Leitao (2), Fernando Zeballos (8), Cuqui (9)-Juanma (7), Javi (2), Pablo Santiago (11) e Juan María (14)
Na próxima xornada o Celtas recibe ao C. B. Villalba e o Xove xoga en Arzúa.


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.