LUGO .- O Xulgado número 3 de Lugo solicitou a colaboración da vicepresidenta segunda de la Deputación, Lara Méndez, e requiriu documentación en relación a procesos de adxudicación de obras. Lara Ménez quedou en liberdade sen fianza tras prestar declaración.
Nota de Prensa
Gómez Besteiro reitera a máxima colaboración na investigación que realiza o Xulgado nas instalacións de Santa María
O titular provincial ordeou suspender, polo momento, a viaxe de traballo a Sudamérica
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, informou esta tarde sobre a instrucción do Xulgado nº3 de Lugo de requerir información nun organismo dependente da Deputación, concretamente nas instalacións do Fogar de Santa María.
Gómez Besteiro deu a súa versión dos feitos e indicou que esta mañá a Policía Xudicial pediu colaboración á Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a dous técnicos que traballan no complexo de Santa María para completar información dunhas dilixencias abertas. “Dende o principio, todos brindaron a máxima colaboración. Acompañaron á xuíza ata as instalacións de Santa María este mediodía e facilitáronlle a información solicitada”.
Neste senso, Gómez Besteiro volveu a reiterar a “máxima colaboración da Deputación ou de calquera órgano autónomo que dependa dela, como é o caso do INLUDES”. Ante esta situación, o máximo mandatario provincial ordeou suspender, polo momento, a viaxe de traballo que tiña previsto realizar a Sudamérica. “Lémbrolles que é unha invitación feita á Deputación por organismos oficiais”.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



