XOVE .-Tarde escura e chuviosa. Campo en boas condicións, máis rápido do normal debido á auga caída durante o día. Participaron 36 inscritos: 23 na Liga Senior, 5 na Sub 18 e 8 na Liga Feminina. Excelente participación, sobre todo na Liga Feminina.
Liga Senior.- Primeira victoria de Arturo Vigo este ano. Ginés Rodríguez continúa líder, ampliando a súa vantaxe sobre César Cancelos e José Rafael González. Ata aquí todo normal. Pero temos que destacar dous feitos, pouco menos que extraordinarios:
O primeiro, que MODESTO ALBO VIDAL, 80 anos , quedou segundo con 165 tantos, por detrais só de Arturo Vigo, na tirada deste fin de semana; toda unha fazaña para unha persoa que, a súa idade, vive e goza deste deporte como se fose un rapaz. Noraboa! e que siga gozando moitos anos.
O segundo, que a mellor bolada na categoría senior a conseguiu unha muller con 69 tantos, concretamente CARMEN ROCA CORRAL, quen gañou a mellor bolada despois de desempatar con Arturo Vigo, que tamén conseguira 69 tantos. A verdade é que non temos verbas para describir a impresionante bolada realizada por Carmen. Un aviso de que as mulleres comezan a petar forte neste deporte. Noraboa! tamén para Carmen.
Liga Sub 18.- A victoria de Cristian Rodríguez permítelle pasar do 5º ao segundo posto, o cal ocupa con 22 puntos, 12 menos que o líder que segue sendo, unha semana máis Jose Vigo. No resto da clasificación poucos cambios.
Liga Feminina.- Xa falamos da impresionante bolada de Carmen Roca, quen conseguiu en Vilachá a súa terceira vitoria consecutiva, sendo a primeira muller en pasar dos 100 puntos nunha tirada. Estamos realmente impresionados con Carmen Roca, pero tamén con Dolores Baño e Marta Álvarez, quen veñen realizando un gran campionato. Estas tres xogadoras ocupan as tres primeiras posicións, demostrando, semana a semana, un nivel superior ás demáis xogadoras.
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (21 NOVEMBRO 2009) ==== 36 INSCRITOS: 23 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 172 | 12 |
| SEGUNDO | MODESTO ALBO VIDAL | 165 | 10 |
| TERCEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 164 | 8 |
| CUARTO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 154 | 7 |
| QUINTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 154 | 6 |
| SEXTO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 154 | 5 |
| SÉTIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 154 | 4 |
| OITAVO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 145 | 3 |
| NOVENO | JORDI MEITÍN SERANTES | 145 | 2 |
| DÉCIMO | JAIME ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 144 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 69 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 171 | 6 |
| SEGUNDO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 151 | 4 |
| TERCEIRO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 151 | 3 |
| CUARTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 138 | 2 |
| QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 133 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 68 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 133 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 90 | 4 |
| TERCEIRO | MARTA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ | 67 | 3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 64 | 2 |
| QUINTO | MONTSERRAT LOUZAO RODRÍGUEZ | 62 | 1 |

























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



