A todos os políticos se lles enche a boca falando da política social que practican e das moitas axudas que están a dar.
Algo moi curioso pois non deixa de ser un fracaso da súa política económica que está a permitir as importantes desigualdades que as axudas sociais tratan de corrixir.
As axudas sociais non están mal en sí. O problema está na distribución dos recursos que se empregan para estas axudas. Póñovos uns exemplos de axudas que eu vexo non son acertadas:
– Todos nos acordamos dos 400 euros famosos que dera o goberno pouco antes des eleccións xerais. Pois ben. Eses catrocentos euros eran para todos iguais. Tanto para un mileurista como para un multimillonario.
– Os medicamentos gratis para os xubilados. Son gratis para todos os xubilados, sen importar os ingresos nin os medios de cada un. En cambio unha familia con escasos recursos que non sexan xubilados si os teñen que pagar.
– A axuda que o estado e as comunidades autónomas están a dar para a adquisición de un coche son para todo aquel que cambie de coche, sen importar que a persoa que recibe a axuda teña mais ou menos medios. A axuda e para todos iguais. En cambio aquela persoa con poucos recursos que pretenda adquirir o seu primeiro coche, e non ten outro para entregar, non recibe a axuda.
– No último debate do estado da nación o goberno falou de ofertar un ordenador para os nenos dun determinado curso. A min non me parece mal que os cativos teñan un ordenador, pero haberá cativos os cales haxa que mercar o ordenador, o bocata do recreo e os libros de texto por carecer a familia de recursos, e haberá outros cativos, fillos de ricos, con medios mais que suficientes para mercar o ordenador, mesmo a tódolos compañeiros de crase.
– A axuda de emancipación para os xoves non ten en conta os medios económicos dos que dispón o xoven que require a axuda. Etc.
Estes son uns exemplos pero temos moitos mais.
A política social e as axudas públicas que se apliquen non se poden facer sen ter en conta a situación económica de quen as vai a recibir, do contrario cométense o menos dous erros ou inxustizas:
– Reciben axudas persoas que non as necesitan.
– Aqueles que realmente as necesitan reciben menos do que lles correspondería, pois si se reparte a mesma cuantia entre mais toca a menos.
Por último pensando en cales son os motivos para que os gobernos apliquen axudas e políticas sociais xerais, solo se me ocorren dous:
– Aplicar medidas xerais e mais doado, mais para vagos. Non require o esforzo de documentación, investigación e xestión que require un reparto mais xusto e no que se teña en conta a situación económica de cada un.
– Aplicar medidas xerais e mais populista e mais electoralista pois chegan a mais xente, e os prexudicados por esta forma de axudas non soen protestar.
Por último quero recordarlle os políticos que un cargo público, no manexo de cartos públicos, non chega con que os manexe de forma legal. Tamén debe de manexalos da forma mais equitativa e xusta para os cidadáns.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



