O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, deséxalles a todos os veciños e veciñas deste nobre concello de Ribadeo que teñan unha feliz Noiteboa, que teñan un bo día de Nadal e para o 2010 deséxolles o mellor, saúde, sorte, traballo, amor, pero sobre todo moita saúde para todos”.
Pola súa banda, o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, deséxalles “aos veciños do noso concello unha feliz día de nadal, e aproveito tamén para desexarlles un próspero aninovo 2010”.
O rexedor de de Burela aproveitou a xornada para desexarlles unhas boas festas aos seus veciños. Llano entende que “estes días todos estarán nas súas casas en harmonía disfrutando da súa xente chegada desde concellos veciños ou incluso do estranxeiro. Son unhas datas para compartir, para ter esperanza, para ser optimistas, para proxectar cara o futuro o mellor de cada un. O que eu desexo de todo corazón é que os veciños de Burela o pasen o mellor posible estes días e o mellor para o 2010 a eles e ás súas familias”.























Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



