BURELA (FNC) .- A concelleira de Deportes, Neves Cando, rexeita as críticas verquidas nas últimas semanas polos populares sobre as axudas da Deputación ao Concello en materia deportiva. Cando recoméndalle ao PP que se tranquilice e que antes de falar e mentir pense ben o que vai dicir para non ter que recuar.
Sobre as axudas da Deputación a edil nacionalista sinala que “algo que debería saber o portavoz do PP, o señor González Barcia, porque forma parte da Comisión de Valoración destas subvencións na Deputación, é que das dúas liñas de axuda que convocaba a institución provincial, unha para actividades deportivas ou ben para eventos ou para actividades permanentes e outra para investimentos ben en instalacións, ben en equipamentos ou para os danos causados polo Klauss, os Concellos só podíamos elexir unha opción en cada unha das liñas de axuda. E no Concello de Burela optamos polas actividades deportivas permanentes para as que nos deron 2.500 euros e polos investimentos para danos causados polo temporal, que foron tan importantes no noso concello, para os que conseguimos 4.500 euros. Estes cartos destináronse a amañar os estragos no campo da Marosa”.
Neves Cando segue a explicar que “nós cuestionámonos para que vale que estea o señor González Barcia na Deputación senón defende alí os intereses de Burela, que é a quen representa. Esto dicímolo porque si el ve, como di, que na Comisión de Valoración desta subvención se dan máis puntos a outros Concellos con menos poboación el ten o deber de dicir algo e non absterse como fixo neste caso. Si el cre que Burela recibe menos do que merece, el é cómplice desta situación. ¿Para que está na Deputación? ¿Para atender ao seu partido ou para defender aos cidadáns que o elixiron?”.
A concelleira de Deportes engade que “polo que se refire ás axudas da Deputación para paliar os danos causados polo Klauss no noso campo de fútbol, dicir que a cuantía que nos aporta a Deputación é bastante superior á que nos da a Xunta de Galicia porcentualmente falando sobre a cuantía máxima que cada un destes organismos podía conceder. Esta é a política de oposición que fai o PP de Burela, mentir ou contar as verdades a medias para non ter que dicir toda a verdade”.
Neves Cando tamén alude ás críticas populares que “insisten en que non están asinados os convenios cos clubes deportivos para este 2009. E aquí se demostra unha vez máis que o PP de Burela non se entera de nada e por iso voullo aclarar. Os convenios son por temporadas e como nos anos anteriores asínanse en decembro, unha vez que os respectivos clubes nos pasan os datos dos alumnos e alumnas matriculados nas escolar deportivas. Este ano, por certo, temos os datos definitivos desde hai só uns días. O PP non o di, pero ten que sabelo porque ten copia dos convenios, nos que hai unha cláusula que di que se prorrogarán inmediatamente senón hai nada en contra tanto por parte dos clubes como polo Concello antes de que conclúa e este é o compromiso da Delegación de Deportes cos clubes e eles xa o saben desde o comezo desta temporada 2009-2010, porque este é o compromiso co deporte de base de Burela”.
A tamén tenente de alcalde subliña que “podemos dar máis datos, cando o PP gobernaba en Burela asignaba por decreto 19.500 euros ao fútbol sala e 16.500 ao fútbol, e cando nós entramos a gobernar Burela estas son as cantidades que aportamos en virtude dos convenios asinados: 21.000 euros na temporada 2007-2008 e 22.200 na 2008-2009 ao fútbol sala, 17.000 na temporada 2007-2008 e 19.000 na 2008-2009 ao fútbol e 10.800 na 2007-2008 e 11.500 na 2008-2009 ao baloncesto. Esta é a nosa aposta polo deporte de base, pero non só iso para estes tres clubes, senón tamén o apoio ao fútbol sala afeccionado, ao clube náutico, ás artes marciais, ás ximnasia rítmica, ao tenis… ao que hai que unir os investimentos que levamos feito nas propias instalacións deportivas, máis de 50.000 euros no campo de fútbol da Marosa e máis de 30.000 nos pavillóns”.
Cando recoméndalle ao PP de Burela que “se tranquilice, que antes de falar e mentir pense ben o que fai porque despois ten que recuar. Por este camiño non vai ben e os veciños e as veciñas de Burela xa o saben. O PP de Burela está moi nervioso tirando ao chou contra todos e contra todo e isto non lles está dando os resultados pensados porque todo o mundo os coñece e os veciños e veciñas de Burela nas últimas eleccións municipais xa os colocaron na oposición porque non confiaban neles”.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



