RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que o proxecto de acondicionamento e mellora dos accesos á praia das Catedrais foi feito con mimo e con coidado e que da cumprimento ás expectativas e ás promesas realizadas nos últimos meses polo presidente da Deputación.
Á saída do acto de presentación celebrado esta mañá en Lugo na Deputación Provincial, o rexedor sinalou que “nesta presentación aquí na Deputación Provincial do proxecto de acondicionamento e mellora dun tramo da estrada provincial 610, que ven a cumprir as expectativas e as promesas que nos fixo o presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, de ter redactado a finais de decembro este proxecto que suporá un investimento moi importante. Son 500.000 euros os que se investirán nun tramo de 2,4 kilómetros e un prazo de execución de 4 meses desde a súa adxudicación”.
Suárez Barcia asegura que “é un proxecto feito con mimo e cuidado, o que merece un lugar como é o entorno da praia das Catedrais. Un lugar de interese comunitario (LIC) proposto pola Rede Natura 2000, tamén está declarado monumento natural e, como todo o territorio do concello, foi declarado hai pouco pola Unesco Reserva da Biosfera. Polo tanto todo o que se faga alí ten que ser feito con extremo coidado”. O rexedor explica que “váise producir unha regulación do ancho do que é a vía do entorno desde a praia das Catedrais ata a dos Castros, dotaráse dunha nova capa de aglomerado asfáltico e entendemos que ademáis irá tamén unha petición nosa, que no seu día foi realizada a Costas, pero que agora a Deputación se ofrece a facela, é a construcción dunha depurado compacta, moderna, punteira que servirá para substituir unhas fosas que ten o Concello nas que se tratan as augas das duchas, dos servizos… esa depuradora no seu tramo final leva un sistema de depuración ultravioleta, co cual eso é o máis punteiro que existe no mercado actualmente”.
O alcalde suliñou que “As Catedrais, a parte de que está no concello de Ribadeo, é o mascarón de proa de todas as praias galegas, é unha das praias máis fotografiadas e visitadas de todo o mundo. E non me quedo corto si digo algo así, e algo que ten xente durante todo o ano debe ter uns accesos adecuados. Con esto dase un paso moi importante, agora queda outro, xa desde a Deputación son sensibles ás demandas que lles estamos a facer desde o Concello, para que por parte de Costas procedan tamén con mimo e con coidado a facer unhas zonas de aparcamento que non teñen porque estar pegados ao mar, pero que poidan canalizar a chea de coches que ano tras ano en semana santa, verán, etc… ateigan esa zona e que é necesario facer actuacións coordinadas coma as que se están a facer agora. Neste caso, neste novo proxecto ten que estar implicado Costas a través do Ministerio de Medio Ambiente”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



