Nota de Prensa
Basanta solicita copia dun informe de Urbanismo sen rexistro de entrada
O Arquitecto Municipal de Foz afirma que se modificou o planeamento de xeito ilegal
Foz, 17 de decembro de 2009.- O Arquitecto Municipal do Concello de Foz, nun informe interno dirixido ao Alcalde con data 21 de Abril de 2009, no que analiza as Normas Subsidiarias de Planeamento afirma: ”Varios dos núcleos recoñecidos sono sobre solo clasificado como urbanizable nas normas aprobadas en 1981, producindo unha modificación na clasificación do solo sen que se seguise o procedemento legalmente establecido para iso. O núcleo de Cangas superponse ao SUB-2 de prescrición de usos mixtos, o núcleo de Fazouro ao SUB-3,4 e 5 de prescrición residencial dispersa e ao SUB-6 de prescrición industrial; o núcleo da Corredoira ao SUB 11 de prescrición residencial e o núcleo de Vilaronte ao SUB-10 e 12 de prescrición de usos mixtos”.
O Bloque Nacionalista Galego considera dunha gravidade extrema que o máximo responsábel dos servizos urbanísticos do Concello, esto é, o Arquitecto Municipal, estea a afirmar nun documento da súa autoría que no Concello de Foz se procedeu a modificar o planeamento sen axustarse ao establecido pola lexislación de aplicación, polo que estaríamos diante dun acto nulo de pleno dereito, coa conseguinte inseguridade xurídica e coas consecuencias que pode traer para as licencias que se deron conforme a normativa que se veu aplicando.
Os nacionalistas esixímoslle ao Alcalde, como Concelleiro-Delegado de Urbanismo, que explique como sendo coñecedor destes feitos, cando menos desde o 21 de Abril de 2009, que xestións realizou ao respecto a fin de solucionar esta cuestión e se ata o 21 de Abril descoñecía esta alteración ilegal do planeamento ao que fai referencia o Arquitecto Municipal. Na mesma liña, o Portavoz Nacionalista, Xoán Carlos González Basanta, demanda que o Alcalde aclare se no momento que se procedeu a aprobar a delimitación do solo de núcleo en 1990 e 1991. no que Rivera formaba parte da Corporación. houbo algún tipo de advertencia de que se estaba a proceder a unha modificación do planeamento que non se axustaba a dereito.
Asemade no referido informe do 21 de Abril de 2009, o Arquitecto Municipal, continúa informando:” As ordenanzas SU/NR (Solo Urbano de Núcleo Rural) e SNU/A (Solo Non Urbanizable de Aldeas) das NSP non son de aplicación ás delimitacións de núcleo aprobadas pola Comisión provincial de Urbanismo de Lugo en 1991, sendo a normativa aplicable, segundo informe do Director Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo de data 11 de Decembro de 2008 (rexistro de saída nº 10689 de 29 de Decembro de 2008), a contida na Lei 9/2002 de 30 de Decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificado pola Lei 15/2004,do 29 de decembro, e nas Normas Complementarias e Subsidiarias do Planeamento Provincial do ano 1991 cuxas determinacións non se opoñan á lei”.
O Bloque Nacionalista Galego quere saber que se recolle no informe do Director Xeral de Urbanismo ao que fai referencia o Arquitecto Municipal, posto que da referencia que fai a el o informe do 21 de Abril derivase que as licencias que se dean en solo de núcleo rural non se poden dar conforme ao que establecen as NSP senón atendendo aos criterios que marca a LOUGA. Neste sentido, os nacionalistas queremos saber se este informe de urbanismo ao que se fai referencia existe no Concello, se hai constancia del no rexistro municipal e no suposto de que exista que o Alcalde o explique e nos pase unha copia do mesmo. Xa por último Xoán Carlos González Basanta, diante da envergadura destes temas, esíxelle ao Alcalde que aclare todos estes supostos, na idea de que a seguridade xurídica é central a hora de facer urbanismo e sobre todo de non causarlle prexuízos aos veciños do Concello.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



