NOTA DE PRENSA
O deputado popular rexistrou unha proposición non de lei que reflicte esta petición para o seu debate a aprobación na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia
BALSEIRO INSTA Á XUNTA A DOTAR CON CARACTER URXENTE E DE XEITO PERMANENTE AO CENTRO DE SAÚDE DE FOZ DUNHA AMBULANCIA
* O Partido Popular, facéndose eco das reivindicacións das veciñas e veciños deste concello, denunciou na pasada lexislatura a necesidade de artellar as medidas correspondentes para dotar a esta localidade deste servizo, despois de que se convertera nun novo incumprimento do anterior Goberno bipartito.
A Mariña lucense, 1 de decembro de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia (PPdeG) Jose Manuel Balseiro Orol rexistrou unha iniciativa na Cámara galega pola que reclama á Xunta a dotación con caracter urxente dunha ambulancia para que de xeito permanente estea a disposición do centro de saúde de Foz. O Grupo Parlamentario Popular facéndose eco das reivindicacións das veciñas e veciños deste concello lucense, así como das necesidades amosadas por expertos no ámbito da saúde, denunciou na pasada lexislatura a necesidade de artellar as medidas correspondentes para dotar a esta localidade deste novo servizo, despois de que se convertera nun novo incumprimento do anterior Goberno bipartito.
Entre as principais deficiencias detectadas e non asumidas nin solucionadas por parte do anterior Goberno bipartito, conformado polo PSOE e máis o BNG, está a carencia dun servizo de transporte sanitario urxente adscrito ao Centro de Saúde desta localidade. Por desgraza esta situación dificultou, en diversas ocasións, o traslado de persoas doentes ou en situación de urxencia médica ata o centro hospitalario de referencia, neste caso, o Hospital da Costa de Burela para recibir os coidados ou o tratamento médico preciso. Todo iso a pesar de que, para o tratamento de diversas patoloxías o traslado urxente do enfermo é unha cuestión prioritaria que pode incluso evitar a súa mortaldade ou un deterioro grave no seu estado de saúde.
A falta de adscrición dunha ambulancia neste concello, así como a falta de operatividade deste transporte, no caso de que se precise un vehículo compartido con outras localidades, non ten ningún sentido –en opinión do deputado popular- se temos en conta non só a demanda existente nun concello das caracte

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



