A Plataforma Sanitaria en Defensa da área Norte e da Sanidade Pública, reuniuse o pasado martes na Casa da Cultura de Foz, un acto mais dos que se están desenrolando por diferentes Concellos. A este acto acudiron os veciños interesados en saber o que pode acontecer si a Comarca da Mariña pasa a ser Xerencia Única Provincial, por parte da executiva da Plataforma informase tamén da carta enviada pola conselleira de Sanidade, como contestación o escrito que no seu día a Plataforma enviou a Farjas.
Esta Plataforma comunica que o xoves 3 de decembro na Casa da Xuventude de Mondoñedo as 20,30h, haberá outra charla para informar a tódalas persoas interesadas no tema.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



