LUGO .- A mellora en máis de 3 quilómetros da CP 0101, á que a deputación adica preto de 300.000 euros, que se suman as xa feitas neste vial por valor de 200.000, buscan garantir a seguridade dos viandantes.
Nota de Prensa
A Deputación inviste preto de 500.000 euros no acondicionamento da CP de Gontán ó Valadouro
– Gómez Besteiro anuncia obras de mellora en máis de 3 quilómetros da CP 0101 para as que o organismo provincial adica preto de 300.000 euros que se suman as xa feitas neste vial por valor de 200.000
– Trátase dunhas actuacións moi demandadas polos veciños debido aos continuos derrubamentos na zona, e que buscan garantir a seguridade dos viandantes
– O Presidente subliña que “en menos dun ano xa arranxamos dous treitos deste estrada, que levaba máis de 20 anos abandonada”
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acudiron este venres ao Concello do Valadouro para supervisar o estado da estrada CP 0101 de Gontán a Ferreira de Valadouro. No transcurso desta visita, Gómez Besteiro anunciou que a Deputación vai acometer novas obras de mellora neste vial nas que, en menos dun ano, o organismo provincial inviste preto de 500.000 no seu arranxo.
Gómez Besteiro subliñou que “se trata dunhas obras moi demandadas polos veciños debido aos derrumbamentos que acontecen na zona, e coa que buscamos dar a máxima seguridade aos viandantes”.
O máximo mandatario provincial adiantou que a Deputación vai proceder agora ao acondicionamente de máis de 3 quilómetros desta estrada, concretamente dende o punto quilométrico 20,800 ao punto quilométrico 33,865. Trátase do treito que une Fonte da Vila e Balsa, onde o organismo provincial adica preto de 300.000 euros para levar a cabo as seguintes actuacións: reforzo e rexenaración da pavimentación do firme, sinalización vertical e horizontal, limpeza e construción de novas cunetas, e instalación de novas biondas.
Outras melloras
A Deputación xa levou a cabo obras de mellora entre o punto quilométrico 23.865 ao punto quilométrico 24.090 da CP 0101 nas que investiu 200.000 euros para a contrución dun muro de escolleira, a reposición da plataforma, o acondicionamento do firme, e a colocación de biondas.
Gómez Besteiro salientou o esforzo realizado polo actual equipo de goberno nesta estrada que “levaba máis de 20 anos abandonada”, a diferenza do que facía o goberno do PP, quen acometía estas actuacións con carácter de urxencia despois de que un camión se saíse da vía e provocase un socavón. O titular provincial indicou que “en menos dun ano arranxamos dous treitos desta estrada que, ademais, era moi demandada polos veciños do Cadramón”.
Neste senso, o Presidente da Deputación destacou o traballo levado a cabo polos técnicos do departamento de Vías e Obras “que tres meses, dende marzo a maio, e coa máxima axilidade solventaron as dificultades para transitar”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



