REFERENCIA
Xosé A. Goás Basanta, concelleiro/a portavoz/a do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego na Corporación Municipal de VIVEIRO, ao abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte moción para o seu debate polo Pleno da Corporación
Moción pola que se solicita a constitución dunha comisión de pleno do Plano de Ordenación do Litoral no Concello de VIVEIRO
EXPÓN
O Consello da Xunta de Galiza acordou na súa xuntanza do 8 de xaneiro de 2010 remitir aos diferentes Concellos, Deputacións e areas de carácter supramunicipal afectadas polo Plano de Ordenación do Litoral, copia do mesmo a fin de que elaboren un informe previo a aprobación definitiva do POL, que a Xunta sitúa en decembro do presente ano. Segundo o Goberno Galego, o documento xa rematado, será enviado para consulta dos Concellos ao longo do mes de Febreiro e Marzo na perspectiva de que as diferentes corporacións o analicen e presenten as suxestións que consideren oportunas de cara a súa introdución, naqueles casos que Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considere oportunas, no documento que será sometido a exposición pública.
O Plano de Ordenación do Litoral estuda un territorio de algo máis de 376.000 hectáreas, centrándose a xestión do plan nun ámbito de aproximadamente 212.164 hectáreas, o 7,2% da superficie da comunidade, o que implica un incremento de 131.501 hectáreas, respecto as 86.663 hectáreas que abarcan os 500 metros que establecía a Lei 6/2007, de medidas urxentes. Xa que logo o POL afecta a 84 Concellos , dos que 47 corresponden á provincia da Coruña, 10 á de Lugo e 27 á de Pontevedra. No caso de Lugo xestionasen e clasificasen unha superficie de 25.531 hectáreas de solo, que significa o 2,59% da superficie total da Provincia, correspondéndose con bolsas de chan situadas nos Concellos Ribadeo,Barreiros,Foz,Burela,Cervo,Xove,Viveiro,Vicedo, Trabada e Valadouro.
O POL integra a paisaxe na ordenación territorial e urbanística establecendo tres niveis diferenciados: os grandes ámbitos de costa representativos, os sectores característicos dentro deses grandes ámbitos e a caracterización de unidades de paisaxe presente en cada un deses sectores. Respecto ao primeiro nivel, diferéncianse 7 grandes costas a Mariña Lucense, Rías Altas, Golfo Ártabro, Arco Bergantiñán, Costa da Morte, Rías Baixas e Costa Sur. Configurando estas 7 costas caracterízanse 35 sectores, tal e como ademais, establécense 428 unidades de paisaxe litorais. No caso da Mariña Lucense. Os sectores costeiros que se delimitan no caso de Lugo correspóndense coa Ría de Ribadeo,A Mariña Oriental,Ría de Foz,Mariña Occidental,Costa de Xove, Ría de Viveiro e Ría do Barqueiro.
A efectos da ordenación territorial, o Plan do Litoral establece tres tipos distintos de áreas. A Área de protección na cal se inclúen ámbitos que, en atención ás súas características naturais singulares ligadas ao litoral, son merecedores dunha especial protección. Destaca a protección ambiental (elementos de valor en atención ás características naturais) e a protección de corredor (os ríos e a súa vexetación). A Área de Mellora Ambiental e Paisaxística, recolle o territorio comprendido entre a área costeira e os primeiros eixes do modelo de organización tradicional, comprendendo a paisaxe litoral próxima á costa.A Área de Ordenación, recolle os ámbitos de organización do modelo territorial en que se fai compatible o crecemento coa protección dos valores litorais. Recolle o territorio tras a fronte litoral no cal se atopan os asentamentos ligados visual ou funcionalmente ás paisaxes litorais.
O Bloque Nacionalista Galego diante da aprobación dun instrumento de ordenación territorial fundamental para un Concello costeiro como é o POL, que a máis polo seu carácter supramunicipal implica a transposición mecánica ao planeamento local, considera prioritario que por parte dos Gobernos locais se estuden en detalle as solucións propostas e se fagan participes da mesma aos diferentes actores que participan do urbanismo. Neste sentido reiteramos a necesidade de vontade política que pase por entender a elaboración do planeamento como un proxecto colectivo que garanta a participación dos particulares, que entenda o urbanismo como unha disciplina de carácter transversal que afecta ao conxunto das esferas locais e de xeito moi particular á calidade de vida, que sitúe o público e a defensa do interese xeral como principio rector da política, que desenvolva a ordenación do territorio facendo efectivo o reparto de cargas e beneficios, que non clasifica solo atendendo a criterios de mercado ou do parcelario senón en función do interese xeral e que dea resposta aos problemas centrais dos administrados.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



