SANTIAGO .- Asegura Adega que “Feijóo debería prorrogar a moratoria dos 500 m establecida na Lei de Medidas Urxentes que vence en maio xa que non se cumpren as premisas que xustifican esta medida cautelar: que os concellos costeiros teñan os seus PXOMs adatados á Lei do Solo”
Nota de Prensa
ADEGA pide a Feijóo que prorrogue a moratoria dos 500 m mentres non se aproba o Plano do Litoral
25 de xaneiro de 2010. A Xunta vén de apresentar hoxe o Plano do Litoral, documento non estará aprobado até finais deste ano. En consecuencia, Feijóo debería prorrogar a moratoria dos 500 m establecida na Lei de Medidas Urxentes que vence en maio xa que non se cumpren as premisas que xustifican esta medida cautelar: que os concellos costeiros teñan os seus PXOMs adatados á Lei do Solo de 2002 (só Vigo, A Pobra do Caramiñal e Laxe fixeron os deberes) ou que a Xunta aprobe o Plano do Litoral. Calquera outra decisión, como “levantamentos parciais” en determinados concellos sen ter aprobada a norma non sería máis que a continuación do “ti vai facendo” e reinstauraría a discrecionalidade, o amiguismo e a corrupción, denunciados polo Parlamento Europeo no seu Informe Auken.
Tampouco estaría de máis que con carácter previo ou alomenos, simultáneo, foran completadas e tramitadas as Directrices de Ordeamento do Territorio (DOT) que dende a chegada ao poder de Feijóo ficaron paralisadas.
No acto de hoxe falouse moito tamén da paisaxe e do afortalamento dos nosos espazos naturais como valores “activos” do noso litoral. ADEGA quere lembrar aos responsábeis da Xunta que o movemento se demonstra andando: seguimos a agardar polo catálogo e as directrices da paisaxe que consagra a lei 7/2008 da Paisaxe de Galiza, e polo que respecta á Rede Natura, a cativa proposta apresentada en 2007 pola Xunta aínda non víu a luz e fica tamén nun caixón, por non falar dos instrumentos de xestión destes espazos.
Sería tamén importante coñecer en que medida o POL vai condicionar o desenvolvemento de proxectos sectoriais en marcha: o Plano Acuícola (finalmente Feijóo deu por bó o do bipartito) ocupará espazos que están sendo “ordenados” no POL, e pode condicionar negativamente o desenvolvemento deste. O mesmo acontece co plano de Portos Deportivos, co Plano MOVE de estradas ou mesmo co Plano Eólico, que na zona costeira estanse a desenvolver con impactos ambientais e paisaxísticos brutais. ADEGA entende que son estes planos sectoriais os que deben supeditarse ao POL e non ao contrario. Mais de seguir o seu camiño, piscifatorías, pantaláns, viadutos (como o de Noia) e muíños acabarán valeirando de contido os pomposos obxectivos do Plano do Litoral apresentados hoxe.
O POL non pode ficar para “ordenar” as sobras que deixan estas planificacións insustentábeis en marcha, nen para “conservar” os territorios non urbanizábeis duns concellos que cada vez teñen máis facilidade para meter a man no chan rústico (modificacións da Lei do Solo, nova Lei Eólica, modificacións da Lei de Costas…). Estes mesmos concellos levan anos de retraso e amosan unha descarada desobediencia no cumprimento da Lei do Solo: tiveron 3 anos por lei para adatar os seus PXOMS dende o 2002 e estamos en 2010 !! Só Vigo, A Pobra do Caramiñal e Laxe son os concellos costeiros que fixeron os seus deberes.
Por iso un governo sensato debería parar no litoral o desenvolvemento deses instrumentos xeradores de “feitos consumados” e prorrogar a moratoria dos 500 m mentres non se aproba a planificación marco, o PXOM da costa, e os concellos póñense de verdade as pilas. E este POL debería tamén ter en conta que os 500 m non son un límite superior senón un ponto de partida. Tal aconteceu en Portugal e mesmo en Asturias, que consagrou esta franxa de protección no seu POL.
Dende ADEGA non podemos pedir menos á Xunta se de verdade pretende mudar a situación anterior á moratoria, o “todo vale” e o inexorábel proceso “marbellizador” que comezaba a estenderse pola nosa costa. Un levantamento total ou parcial da lei dos 500 m mentres se tramita o POL sería inxusto (para os concellos que cumpriron), xeraría inseguridade xurídica e perpetuaría o clientelismo, a política de feitos consumados e a corrupción endémica denunciada dende Europa no seu Informe Auken.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



