No certame de Poesía Infantil “Nadal 2009” do Concello de Lourenzá, na categoría A, ata 8 anos, o primeiro premio correspondeulle a Antía Lillo Irimia, por “Apertas para o meniño”; o segundo Roberto Varela Barreira, por “Poesía do Nadal”; o terceiro a Javier Álvarez Méndez, por “Baltasar e o neno”. Na categoría B, de 9 a 11 anos: o primeiro premio foi para Adrián Huertas Rivas, por “O aguinaldo”; o segundo para Alexandra Albertos Goyos, por “O gato pillabán”; terceiro para Claudia Neira Carreiras, por “Bo Nadal”.Na categoría C, de 12 a 16 anos, non se presentou ningún traballo, queda deserto. Os diplomas e agasallos entregaranse na vindeira semana. Os traballos clasificados tomarán parte na convocatoria provincial do mencionado certame
Premios do certame de Poesía Infantil “Nadal 2009” de Lourenzá
Premios do certame de Poesía Infantil “Nadal 2009” de Lourenzá
Relacionado
-
Unha persoa resultou ferida no incendio dun alpendre na Pastoriza
-
Ribadeo celebrou este sábado a festividade do seu co patrón, San Roque. Pola mañá saíron os Cocos, houbo misa, procesión, concerto da Banda Municipal de Música e sesión vermú
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, asistiu este sábado ao acto de lembranza e homenaxe a Dino Pacio Lindín (Xemil, Pastoriza, 1934-Nova Iorq, 2025), que se celebrou na Casa da Cultura de Pastoriza