Nota de Prensa
O GPPP afirma que Méndez e Veiga descoñecen os presupostos da Deputación “porque non contaron con eles para a súa elaboración”.
* González Barcia pídelles que confirmen ou desmintan os datos aportados polos populares.
* Lamenta que se escondan na verborrea para tapar a súa incompetencia.
Mariña, a 7 de xaneiro de 2010.- O GPPP afirmou hoxe que Méndez e Antonio Veiga descoñecen os presupostos da Deputación poque “non contaron con eles para a súa elaboración e por eso se esconden na palabrería, coa única finalidade de tapar a súa propia incompetencia e o nulo papel que desempeñan dentro do bipartito provincial”.
O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, pideulles que confirmen ou desmintan, con datos, o manifestado polos populares o pasado luns. Barcia indicou que “non nos serve que Veiga fale das axudas de 2009: vergoña lle tiña que dar que ainda as aprobaran hai uns días, o que ocasionará que non se cobren hasta dentro de alomenos seis meses e polo tanto problemas de liquidez para os colectivos. E máis vergoña lle tiña que dar que haxa axudas de ¡cen euros¡ para actividades culturais”.
Segundo González Barcia, “o que tén que facer Antonio Veiga é contestar a estas preguntas: ¿é certo que hai só 2.500’00€ en 2010 para investimento real novo no Museo do Mar, sí, ou non? ¿Vanse facer os trámites para a ampliación do Museo do Mar en 2010, sí, ou non? ¿É certo que foi o PP quen integrou o Museo do Mar na rede museística provincial, sí, ou non? ¿É certo que foi o PP quen comenzou no seu día as xestións para a ampliación, sí, ou non?”.
Barcia foi máis alá e dixo que “se Veiga tén tanto aprecio e querencia polo Museo do Mar de San Cibrao, o que tiña que facer era opoñerse a que a Deputación aporte en 2010 cen mil euros á Mesa pola Normalización Lingüística e a AS-PG, e esixir que eses cartos se invistan en milloras no Museo do Mar”. Pero, segundo Barcia, “optou por calar, como bon exemplo de persoa obediente que é; unha pena que Veiga descubrise o Museo do Mar cando entrou o bipartito na Deputación, outros xa o descubrimos hai décadas”.
Tampouco se esqueceu Barcia das promesas que fixo Veiga no seu día no que se refire ós efectos do Klaus: “Veiga dixo que habería trescentos mil euros para reparacións: minteu, porque ó final só houbo cincuenta e cinco mil; polo tanto, este home non é de fiar, e non é de fiar porque non fala por el, senón que outros falan pola súa boca”.
No que respecta ó manifestado por Lara Méndez, o voceiro adxunto dos populares afirmou que “Méndez vén de perder unha boa oportunidade de poñer sobre da mesa os datos concretos que segundo ela suporán os investimentos da Deputación na Mariña. Pero eu non vexo ningún dato na súa resposta, só vexo verborrea barata. O que sí é certo é que descenden as axudas para o fomento do emprego, descenden as axudas para empresas e autónomos, e ainda non se teñen cobrado todas as axudas a este respecto do ano ¡2008¡, o que exemplifica que o traballo e a xestión non é forte do bipartito provincial”.
Tanto é así, indicou Barcia, que as contías destinadas en 2011 no Pacto Provincial polo Emprego a xenerar emprego non superarán os 145.000’00€, ¡a metade do que se destinará en 2010!, pero eso sí, despilfarraranse 240.000’00€ en “outros gastos diversos”. “Esto é certo, Sra. Méndez, sí, ou non?”.
Barcia indicou que “Méndez debe explicar por qué o presidente da Deputación ainda non tén convocado o Consorcio Provincial de Bombeiros, xa que Besteiro é o seu presidente. O motivo é claro, Besteiro non tén tempo, porque se non asiste á metade das 52 sesións anuais da Xunta de Goberno, mal pode convocar ó Consorcio de Bombeiros”.
González Barcia indicou a este respecto que “a comisión executiva do Consorcio Provincial de Bombeiros ainda non se constituirá a finais de Marzo de 2009, o que quere decir que en dous anos de cohabitación de bipartitos non foron capaces a poner en marcha o órgano de toma de decisións. Eso sí, esquécese Méndez de decir que a Xunta vén de adxudicar as obras do parque de bombeiros de Viveiro, o que demostra que está a cumplir cos seus compromisos”.
O voceiro adxunto dos populares rematou pedíndolles ós deputados provinciais do bipartito pola Mariña que faigan propostas en defensa da Mariña, e que defendan as que outros presentamos. E tamén lles pedimos traballo, porque os soldos que cobran merecen algo máis de adicación e esforzó.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



