Nalgunha outra ocasión temos referido cómo hai 50 anos, co apelativo de Mancomunidad Turística de la Costa Lucense, se creara o primeiro órgano que nacía baixo o impulso da recoñecida necesidade de aglutinar os esforzos dos distintos concellos en aras da potenciación do turismo na nosa bisbarra para o que esixía, en primeiro lugar, dala a coñecer. O primeiro que entón se fixo foi acuñar o “slogan”, modalidade tan en boga daquela, que a identificaría: “La Costa de las Mil Playas”; as actitudes ultralocalistas sempre vixentes nos distintos representantes municipais, a carencia de ideas e os depauperados medios económicos e tecnolóxicos daqueles tempos, foron os atrancos maiores para que a feliz iniciativa seguese rumbo a bó porto. Transcurridos anos, e dun tempo a esta parte, de vez en cando os xornáis dan noticia de proxectos que conducen ó mesmo fin, pero que nunca se levan a cabo: os nosos políticos e gobernantes amosan unha permanente incapacidade de acción. Para percatarse delo basta só dar unha ollada mínima á hemeroteca: “ Un consorcio se hará cargo de la promoción turística de A Mariña” (5-3-04). “Los ayuntamientos ultiman una asociación de desarrollo turístico” (23-12-04). “AG encargarase de facer as xestións para a creación do consorcio” (1-2-05).. “Los concellos prometen agilizar la asociación mariñana de Turismo” (7-2-05) “La creación de una asociación con empresarios y concellos facilitará la llegada de turistas” (29-1-05). “El alcalde de Viveiro capitanea un proyecto de promoción de toda la zona con la aplicación de nuevas tecnologías” (12-2-05)… e poderíamos seguir longo e tendido. ¿Qué se fixo de todo esto?: absolutamente nada. A eso chámase eficacia na xestión. Días pasados os xornáis difundían a nova: “A Xunta anuncia un Plan para impulsar o despegue turístico da Mariña”. Pois benvido, aínda que a experiencia acumulada nos obrigue ó escepticismo. ¿Servirá desta vez para algo? Seguro que a implicación de diversas administracións no mesmo o vai a poñer difícil, excepto que se troquen moitos “chips”…. Ogallá nos equivoquemos.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



