BURELA .- O venres día 22 presentase o II Encontros da Banda Deseñada na Mariña na biblioteca do IES Perdouro de Burela. A Inauguración das xornadas con Carlos Portela será de 12:00 a 14:00 cos alumnos de 1º de Bacharelato.
Nota de Prensa
SEGUNDOS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA CONCURSO DE CREACIÓN
BASES
A Biblioteca do IES Perdouro de Burela convoca o CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
dentro dos SEGUNDOS ENCONTROS DE BANDA DESEÑADA NA MARIÑA. O seu
desenvolvemento rexerase polas seguintes bases:
1. Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes
categorías:
? Libre ou aberta. Poderán participar autores de BD non profesionais e que non
publicaran nunca obra nin en álbums nin en revistas.
? Categoría escolar para alumnos de 15 ata 18 anos.
? Categoría escolar para alumnos ata 14 anos.
2. Cada obra so poderá presentarse nunha das categorías.
3. O tema será libre, con textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que considere
oportunas, non premiadas noutros concursos.
4. Os traballos terán que ser orixinais, cunha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en
branco e negro. A técnica é libre. Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.
5. A autoría poderá ser individual ou de dúas persoas: debuxante e guionista. O estilo, tratamento
e xénero serán libres. O contido das obras non poderá atentar contra a integridade das persoas.
6. Os traballos presentaranse baixo plica: en sobre pechado figurará na parte exterior o título ou
lema e a categoría en que participa; no interior indicarase:
? Título da obra.
? Nome e apelidos do/a concursante (imprescindible).
? Fotocopia do D. N. I ou equivalente.
? Centro educativo (no caso das categorías escolares).
? Domicilio e teléfonos de contacto.
7. Os traballos enviaranse a:
IES Perdouro – Concurso BD
Rúa do instituto s/n
27880 Burela (Lugo)
8. O prazo da presentación dos traballos remata o 14 de abril de 2010.
9. Os premios serán os seguintes:
? Categoría Libre ou Aberta:
1º Premio: viaxe a Barcelona para dúas persoas durante a fin de semana do Salón do
cómic (de 7 a 9 maio). Inclúe viaxe en avión (saída Santiago de Compostela), aloxamento do venres e
sábado e entradas para o Salón.
2º Premio: Tableta dixitalizadora.
? Categorías escolares:
1º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
2º Premio: Colección de bandas deseñadas e material de pintura.
? Publicación das obras seleccionadas polo xurado nas diferentes categorías.
10. O xurado poderá declarar os premios desertos.
11. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do IES Perdouro. O resto dos traballos
poderán ser recollidos no Centro nun prazo non superior a un mes. Despois desa data, pasarán a ser
propiedade do IES Perdouro.
12. A participación no concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos serán
resoltos segundo o criterio da organización.
IES Perdouro
Rúa do instituto s/n
27880 Burela (Lugo)
Teléfono: 982 575098
ies.perdouro@edu.xunta.es
bandadesexada@gmail.com



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



