Nota de Prensa
Os populares lembran que a Xunta aportou fondos para contratar recentemente quince persoas.
O PP di que moitos traballadores non accederon aos 400 euros por non ter o nivel de renta esixido por Zapatero, pero Nieves Cando si.
Afirman que Cando ten duas caras e da unha boa portavoz do PSOE.
O PP de Burela afirmou hoxe que Nieves Cando mantén dúas caras cando fala do paro, porque esquece cuestións fundamentais que todos os cidadáns ven e perciben. Por unha parte, critica ó PP e á Xunta, e por outra esquece que foi a Xunta, e non o goberno de Zapatero, quen concedeu subvencións ao Concello para a contratación de quince persoas por un período de seis meses, que están agora traballando, ademais do GMIR e dos socorristas (ainda lembramos cando a princípios de Xuño de 2009 o alcalde e ela berreaban para que rapidamente se enviaran desde a Xunta os GMIR e os socorristas, chega a comunicacion para o dia seguinte, e tardan mais de un mes en contratalos: toda unha mostra de eficacia. Por certo, o alcalde non dixo nada de onde viña a subvencion cando contrataron a estas quince persoas, nun alarde de cinismo e hipocresia). Pero por outro lado, Nieves Cando esquece que o problema do paro é un problema xenerado polo Goberno socialista de Zapatero, porque é quen tén que marcar as directrices da política económica do Estado; problema no que ten culpa directa o BNG por apoiar ano si e ano tamen os presupostos xerais do Estado do goberno Zapatero. Esto o ve todo o mundo menos ela. Non hai que esquecer que o paro en España sitúase no entorno do vinte por cento, cando en Galicia ese porcentaxe é do dezasete por cento.
Se é certo que todas as administracións están implicadas na súa solución, desde logo o concello fai moi pouco ou nada, solamente pillar as subvencions que manda a Xunta. Nieves Cando non di a verdade cando di que ao PP solamente se lle ocurre a presentacion de esta medida. Esquece deliberadamente que xa hai ano e medio que propuñemos duas liñas de axuda, de douscentos cincuenta mil euros cada unha, a famílias en risco de exclusion social e/ou economica, e a empresas para a contencion do paro. E ela, xunto co PSOE, votou en contra, pero non unha vez, senon duas. Eso si, os cincocentos mil euros gastounos em gasto diverso, e en propaganda e autombo, porque as axudas dos libros por exemplo ainda non se pagaron. Polo tanto, non sabemos se ela ten a cara dura, pero o certo e que ten duas caras, porque tamen esquece que os seus colegas de bipartito xunteiro deixaron un burato de mil cincocentos millons de euros.
Por ultimo, citar o dos catrocentos euros significa que por riba Nieves Cando engana aos cidadans e rise deles. Ela si que cobrou os catrocentos euros, porque tem suficiente nível de renta; pero que mire, sen ir mais lonxe, as nominas dos traballadores do concello para ver quenes non puideron cobrar os catrocentos euros porque non teñen o nivel de renta que no seu dia fixou Zapatero para poder optar a eles, por certo, co apoio do BNG.
En definitiva, que Nieves Cando se adica a facer oposicion cando tiña que estar gobernando, eso si, cos cartos que todos lle pagamos, e que desde logo, tendo en conta o que di, a este paso seguro que da unha boa portavoz do PSOE.




















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



