Nota de Prensa
A PLANTA DE GAS LICUADO E A SÚA DISTRIBUCIÓN EN CERVO FORMA PARTE DUN PROXECTO INICIADO POLA CONSELLARÍA DE INDUSTRIA EN XUÑO DE 2007
Villares pretende agora atribuírse méritos que non lle corresponden na instalación e distribución do gas licuado en San Cibrao
Si Villares quere facer algo que xestione a ampliación do servizo ao resto do municio
Cervo, 6 de febreiro de 2010. O BNG saíu a aclarar as circunstancias que rodean a instalación dunha planta de gas licuado e a súa distribución no concello de Cervo. Os nacionalistas acusaron ao alcalde de pretender atribuírse méritos alleos xa que nin o alcalde nin o Partido Popular de Cervo tiveron arte nin parte na posta en marcha deste proxecto. O BNG lembrou que esta iniciativa forma parte dun proxecto mais ambicioso iniciado polo anterior Conselleiro de Industria, o nacionalista Fernando Blanco, que asinou un convenio en xuño de 2007 coa empresa Gas Galicia, S.D.G. co fin de desenvolver en catro anos a cuarta fase do Plan de gasificación de Galiza coa pretensión de adiantar este servizo á chegada da rede convencional, mediante de plantas de almacenamento e redes de distribución primaria e secundaria en 25 concellos do país cun investimento de 18 millóns de euros, entre os que se atopaba o concello de Cervo que foi distribuída en dúas fases, unha cun investimento de 316.800 euros e a segunda dotada de 274.000.
Mentres o PP criticaba ao BNG no goberno galego sucedíase a tramitación administrativa para dotar a Cervo deste servizo cun investimento de mais de 600.000 euros.
O concello sempre tivo información puntual de toda a tramitación administrativa do proxecto, dende o proxecto de autorización administrativa notificado o 8 de novembro de 2007, e sometido a información publica, pasando pola exposición pública do proxecto para a planta satélite de gas licuado e as súas redes primaria e secundaria de distribución en outubro de 2008, tramitación do proxecto medioambiental, etc.
A intención da anterior Consellaría de Innovación e Industria formaba parte dun proxecto global de adiantar a chegada de gas licuado ao concello de Cervo, mediante un convenio coa empresa Gas Galicia, S.D.G, cun investimento global de mais de 600.000 euros, no que o goberno local simplemente participou na exposición pública dos diferentes trámites administrativos. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, estráñase que o alcalde de Cervo trate agora de atribuírse o mérito do conxunto do proxecto cando o único que fai e asinar un convenio para o alugar os terreos municipais para as instalacións necesarias. “Estúa deixou claro que nin Villares nin o PP promoveron nin a planta de gas, nin as redes de distribución e moito menos a execución da obra que xa estaba planificada dende fai moito tempo.”
Por moito que o PP tratara de tapar os investimentos realizados no Polígono de Cuíña as obras son evidentes.
O poortavoz nacionalistas asegurou que o PP tratounos últimos catro anos de tapar as iniciativas levadas adiante por áres de goberno nacionalistas no polígono de Cuiña, así está á vista a execución das redes de subministro de gas licuado do que non só se poderán beneficiar as empresas aí instaladas, senón tamén o conxunto dos veciños e veciñas de San Cibrao. Ademais, a Consellaría de Vivenda e Solo puxo a disposición dos promotores empresariais 127.000 mº de solo industrial no que investiu 1,2 millóns de euros e solo dotacional que xa foi entregado ao concello no que Vilares puxo a nota de color, instalando unha pista de padel que ninguén usa.
O que ten que facer Villares e nos recoñeceremos será xestionar a ampliación da rede de gas ao resto do concello.
Ao contrario do que fai Villares que non sabe agradecer a aposta de consellarías nacionalistas por Cervo, neste caso coa rede de gas ao polígono de Cuíña e á vila de San Cibrao, o BNG si saberá agradecer e os veciñas e veciños tamén, a ampliación do servizo ao resto do concello, esa sería unha xestión nova e non outras que recibiu en herdanza e agora pretende apropiarse.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



