Concerto solidario celebrado na noite do pasado venres no MiniBar en Ribadeo, que rexistrou un cheo absoluto. No Rock x Haití participaron un total de nove formacións ribadenses que fixeron as delicias dos asistentes. Houbo tamén lectura dun manifesto como lembranza aos damnificados polo terremoto que sofriu esa zona e para denunciar a situación de pobreza que viven moitas persoas no mundo, sen que se faga nada para mellorala. En total, segundo os organizadores, a recaudación do Rock x Haití ascendeu a 1.150 euros. Os cartos irán destinados a Médicos sin Fronteras.
![A recadación do Rock x Haití ribadense irá para Médicos sen Fronteiras](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2010/02/rockhaiti.jpg)