XOVE .- Sen grandes sorpresas celebrouse a tirada de bolos de A Vara na con 32 xogadores e xogadoras inscritos, salvo na categoría Sub 18 na que non gañou o lider, José Vigo, en Senior resultou vencedro o primeiro clasificado da xeral,Ginés Rodríguez, e en Feminina, Carmen Roca e Dolores Baño continúan ao seo.
Nota de Prensa
INCIDENCIAS DA 14 TIRADA
CENTRO SOCIAL DE A VARA
(SÁBADO, 20 DE FEBREIRO DE 2010)
-32 inscritos, 18 na Liga Senior, 4 na Liga Sub 18 e 10 na Liga Feminina.
Tarde un pouco fría e campo en perfecto estado.
Liga Senior.- Victoria do líder Ginés Rodríguez o que lle permite ampliar a súa vantaxe a 11 puntos sobre o segundo clasificado José Rafael González. A verdade é que a victoria de Ginés foi contundente, sen paliativos, cunha gran diferenza sobre os seguintes clasificados. Nótase que cada vez os xogadores ven máis cercano o final, xa que os cinco primeiros da clasificación conseguiron os cinco primeiros postos desta Tirada de A Vara, inda que loxicamente en distinto orde. A falta de catro tiradas, está moi claro que só Ginés e Rafa van a loitar polos dous primeiros postos da clasificación. Para o terceiro posto temos tres xogadores claramente posicionados: César Cancelos con 71 puntos, Moisés Rodríguez con 67 e Carlos Javier Rodríguez con 61. Voume referir precisamente a este último, Carlos Javier Rodríguez, quen leva conseguidos nesta segunda volta dende a tirada do Centro Social de Lago a friolera de 47 puntos, o que lle permite loitar, tal como dixemos, polo terceiro posto da clasificación final.
Liga Sub 18.- Inda que non gañou, o líder Jose Vigo amplía a súa vantaxe sobre o segundo Cristian Rodríguez, quedando con 66 e 51 puntos respectivamente, o que fai que Jose Vigo teñe moito máis cerca o trunfo final a falla de catro tiradas. Pola súa banda, Cristian Rodríguez, que está xogando lesionado, ten que ter cuidado cos que veñen detrais, xa que Óscar Rodríguez está a 7 puntos e Andrés Rodríguez a 11. Queda polo tanto, inda moito por decidir de aquí ao final.
Liga Feminina.- Carmen Roca e Dolores Baño continúan ao seo, que é, semana a semana, copar as dúas primeiras posicións, con victoria novamente para Carmen Roca, o que lle permite ampliar a nove puntos a súa vantaxe sobre Dolores.
A vindeira tirada (a XVª) terá lugar o vindeiro sábado 27 de febrero no Centro Social de Vilachá. Temos que decir tamén que debido a que o sábado 20 de marzo se vai a celebrar o Campionato Galego de Bolos en Nigrán (Pontevedra) e que tódolos clasificados da Provincia de Lugo, menos un, para este Campionato son da Liga de Bolos de Xove, tivemos que cambiar o calendario de tiradas, polo que as catro tiradas restantes que quedan, serán:
-Sábado 27 de febrero.- Centro Social de Vilachá.
-Sábado 6 de marzo.- Centro Social de Morás.
-Domingo 7 de marzo.- Centro Social de O Cruceiro (tirada aprazada do 6 de febrero).
-Sábado 13 de marzo.- Centro Social de Sumoas. Remate da XXI Temporada de Bolos, con entrega de Premios e Trofeos.
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA (20 FEBREIRO 2010) ==== 32 INSCRITOS: 18 NA LIGA SENIOR, 4 NA LIGA SUB 18 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 172 | 12 |
| SEGUNDO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 139 | 10 |
| TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ RODRÁIGUEZ | 135 | 8 |
| CUARTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 133 | 7 |
| QUINTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 130 | 6 |
| SEXTO | FÉLIX MÉNDEZ GALDO | 128 | 5 |
| SÉTIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 127 | 4 |
| OITAVO | MODESTO ALBO VIDAL | 127 | 3 |
| NOVENO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 122 | 2 |
| DÉCIMO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVBAREZ | 120 | 1 |
| MELLOR BOLADA | LUIS RANCAÑO BOUSO | 68 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | ÓSCAR PÉREZ MEITIÍN | 145 | 6 |
| SEGUNDO | JOSE VIGO LAGE | 133 | 4 |
| TERCEIRO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 125 | 3 |
| CUARTO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 66 | 2 |
| QUINTO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO | 58 | 1 |
| MELLOR BOLADA | JOSE VIGO LAGE | 68 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 82 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 79 | 4 |
| TERCEIRO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO | 58 | 3 |
| CUARTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 48 | 2 |
| QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 45 | 1 |






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



