BURELA (FNC) .- A tenente de alcalde tilda de austeros e racionais os presupostos do Concello para este ano. Neves Cando suliña que, ainda que se reducen polo descenso da recadación procedente dos impostos derivados da construcción o Concello, seguirán atendendo e ampliando as prestacións sociais que lles ofrecen aos veciños. E rexeita as críticas verquidas nas últimas horas desde o PP.
A edil nacionalista asegura que os orzamentos de 2010 “son austeros, racionais e atenden ás necesidades sociais da nosa poboación. Son sensiblemente inferiores aos do ano pasado pola perda de recaudación nos impostos derivados da construcción, pero seguen atendendo e incluso ampliando nalgúns casos as prestacións sociais que desde o Concello ofrecemos aos nosos veciños e veciñas”. A tenente de alcalde sinala que “en Burela apostamos por manter e aumentar as prestacións para os nosos maiores, as familias e a infancia e tamén en materia de educación, igualdade, inmigración e prevención e atención a drododependencias, entre outras. Estas son as nosas prioridades e ao mesmo tempo facer unha contención do resto do gasto público, porque estamos en momentos difíciles para todos, pero eso non implica que recortemos os nosos servizos sociais”.
Inversións reais
Neves Cando di que “isto é algo que o grupo municipal do PP na súa análise dos orzamentos non é capaz de apreciar, porque non os debe ter moi mirados e só lle interesa a crítica pola crítica sen analizar detidamente os papeis, e non é por falla de tempo porque leva con toda esta documentación cinco días na casa. Fala o PP dun orzamento pírrico en inversións reais, pero gustaríame que a xente coñecese a seguinte comparativa, cando na época das vacas gordas na construcción en Burela e gobernando o PP se calculaba recaudar 1.300.000€ polo imposto de construcción, que era o 20% dos ingresos totais do Concello, o PP só destinaba 300.000 euros a inversións reais. E con ese mesmo nivel de recadación polo imposto de construcción é dicir 1.300.000€ nós destinamos máis do dobre para inversións reais no 2008”. A tenente de alcalde de Burela pregúntase en qué gastaban os cartos os populares se non o facía en inversión reais “e agora son momentos difíciles para a construcción e nós só prevemos ingresar 100.000 euros polo imposto de construcción, é dicir 10 veces menos que hai anos e sen embargo imos destinar preto de 150.000 euros a inversión reais. Esta proporción parécelle pírrica ao PP, q ue tamén oculta os máis de 700.000 euros en obras e investimentos que suporá o plan E para Burela, que xurdiu precisamente co obxectivo de paliar o recorte de ingresos dos Concellos”.
Neves Cando engade que “ésta solo é unha das moitas inexactitudes que o PP verque sobre os orzamentos municipais porque non os ten moi ben mirados ou non se entera moito das cousas. Di o PP que os presupostos foron inflados con subvencións sen confirmar documentalmente e incluindo a aportación social do plan estatal. Os populares demostran a súa ignorancia sobre o plan E, porque éste mesmo esixe que se incorpore aos orzamentos este gasto social subvencionable. E con respecto ás subvencións facemos unha estimación sobre o que ingresamos o ano pasado por este concepto, que foron máis de 800.000 euros que xestionamos en subvencións para persoal, obras e servizos. Ése é o noso aval de traballo e xestión, outros ao mellor non poden dicir o mesmo”.
Guerras internas
A edil nacionalista tamén se referiu ás declaracións dos populares nas que aseguraban que os orzamentos de 2010 son o reflexo da guerra interna no seo do goberno municipal porque hai concellarías que levan máis cartos que outras “pero esta enfermiza obsesión do PP xa non nos estrana porque non viven na realidade. Por esa regra de tres que eles din, no ano 2006 moi mal se debían levar entre o alcalde daquela o señor González Barcia e os seus concelleiros porque había delegacións como a de Cultura que levaba 6.500 euros para gastos diversos e as de Turismo e de Mar que levaban 1.500 euros cada unha e sen embargo a de Xuventude só tiña para este fin 600 euros, a de Sanidade só 250 e a de Educación só 200. Eso sí que debían ser guerras internas”.
Cando suliña que “si de verdade o PP de Burela está preocupado polas familias que están a atravesar momentos difíciles pregámoslle que presente unha moción no pleno para que o goberno da Xunta, que ten moitos máis miles de millóns de euros que o Concello de Burela e que os está a gastar alegremente en comprar coches, en enquisas e en promocionar o Xacobeo, axude ás familias máis necesitadas e cree emprego como prometeu o señor Núñez Feijoo. Si se decide a facer esto o PP apoiarémolo porque nós estamos a traballar por Burela para facer obras, para traer cartos e servizos e non así o PP, tal e como consta na acta da comisión de asuntos de pleno deste luns, o seu portavoz, o señor González Barcia dixo literalmente que non lle pidamos á representación municipal do PP que traiga cartos para Burela, que non conten con eles. Isto é o que ten que esperar o pobo de Burela do PP que con eles non se conte, eles pensan que é un desprezo para o goberno local, pero a quen están a desprezar é ao pobo de Burela”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



