Nota de Prensa
O BNG DE CERVO INFORMARÁ EN VARIOS ACTOS DA AFECTACIÓN DO POL NO TERRITORIO MUNICIPAL
O pleno do venres debaterá unha moción nacionalista instando ao goberno local á creación dunha comisión non permanente para o estudo e valoración do documento
Os nacionalistas entenden que os cidadáns deben coñecer polo miúdo os efectos desta normativa sobre a ordenación urbanística do concello
Cervo, 16 de febreiro de 2010. O BNG ten prevista a organización de varios actos informativos para que os veciños e veciñas do concello coñezan polo miúdo os efectos do Plan de Ordenación do Litoral no territorio municipal. Para isto ten prevista a organización de varios actos, o primeiro terá lugar o mércores 17 no Local Social de Lieiro ás 19.00hrs. e o xoves 18 na Casa da Cultura de San Cibrao no mesmo horario, das previsións para outros actos darase coñecemento con posterioridade. O pleno a celebrar o vindeiro venres debaterá unha moción nacionalista na que se insta ao goberno local á creación dunha Comisión non Permanente para o estudo e valoración das directrices de ordenación fixadas polo POL.
O POL afecta en Cervo a unha superficie equivalente a case 600 campos de fútbol por riba da franxa dos 500 metros da costa
A afectación do POL en Cervo inclúe 1.200 ha. de chan, das que 586 están por riba da franxa dos 500 metros da costa, unha superficie equivalente a case 600 campos de fútbol que contarán de acordo con este plan, ao que se deberá adaptar toda a normativa urbanística municipal, con diferentes graos de protección que pasan dende a protección total en primeira liña de costa, ríos ou espazos declarados de interese medioambiental; unha segunda barreira denominada de mellora paisaxística e medio ambiental que agás excepcións, non permite novos desenvolvementos urbanísticos e unha terceira de ordenación que o futuro PXOM determinará os seus usos. En Cervo tanto dentro como fora da franxa dos 500 metros de costa este plan limita a construción.
Actos informativos para que a cidadanía coñeza os efectos do POL en Cervo
O BNG xa ten programados dous actos informativos para dar a coñecer os diferentes graos de protección do POL, tanto no interior como en primeira liña de costa. O primeiro acto terá lugar no Local Social de Lieiro o mércores 17 ás 19.00hrs. e o segundo na Casa Da Cultura de San Cibrao o xoves 18 ás 19.00hrs., aínda que están previsto a organización de outros.
O pleno debaterá o venres unha moción que insta ao goberno local á criación dunha comisión específica para o POL.
O pleno municipal debaterá o venres unha moción nacionalista que insta á creación dunha comisión non permanente para estudo e valoración do POL, xa que o concello deberá emitir suxestións sobre o documento aprobado inicialmente polo Xunta de Galiza o pasado 8 de xaneiro. Os nacionalistas explican nesta moción que se debera dar participación a tódolos axentes que operan no urbanismo, con especial atención á entidades sociais que representan aos veciños e veciñas afectadas directamente por este plan.

















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



