CERVO .- O Concello de Cervo incorpora a primeira fase das obras do saneamento da parroquia de Trasbar dentro do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal do 2010 (POS).
Nota de Prensa
O CONCELLO INCLÚE A PRIMEIRA FASE DO SANEAMENTO DE TRASBAR DENTRO DO PLAN DE COOPERACIÓN DO 2010
* O investimento desta actuación, de máis de 54.000 euros, consistirá na construción dunha estación de tratamento e dunha rede de colectores de PVC, que conducirán as augas residuais desta parroquia
* O Goberno municipal cumpre así unha das súas principais apostas estratéxicas: o achegamento a todos os núcleos rurais da rede de saneamento
Cervo, 27 de febreiro de 2010.- O Concello de Cervo vén incorporar a primeira fase das obras do saneamento da parroquia de Trasbar como proposta municipal para ser incluída dentro do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal do 2010 (POS).
O investimento desta primeira fase supera os 54.000 euros. As obras consistirán na construción dun tramo da rede de colectores, a instalación de pozos de rexistro con tapa de fundición e a instalación dunha estación depuradora, nunha caseta de nova construción que tamén servirá para albergar a maquinaria e o pozo para toma de mostras.
O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, subliñou que deste xeito “poñemos fin pouco a pouco a un déficit en materia de infraestruturas que se estaba a dar nesta parroquia e cumprimos unha das principais apostas estratéxicas do Goberno municipal: o achegamento a todos os núcleos rurais da rede de saneamento”.
Aposta decidida
O Concello de Cervo vén de executar nos últimos anos un importante esforzo na mellora e xeneralización da rede de saneamento en todo o seu termo municipal especialmente aquelas que, “recibidas como herdanza do anterior goberno socialista, que privatizou o servizo municipal de augas, se atopaban nun estado obsoleto, presentado múltiples deficiencias”. Os investimentos nesta materia está sendo unha aposta decidida do Goberno local.
Así por exemplo, reforzouse o cadro de persoal da brigada de obras encargada das reparacións e mantemento de toda a rede de colectores tanto de augas residuais como da rede de augas potables. Xunto a iso, acometéronse os saneamentos dos núcleos de poboación de Gondrás, A Venta e O Guioncho, con cargo aos anterior plans de cooperación.
A estas actuacións hai que engadir tamén outros proxectos máis ambiciosos que se están a levar adiante nestes momentos como a rede de abastecemento conxunta para os municipios de Cervo e Burela e o saneamento integral de San Ciprián que inclúe a construción dunha estación depuradora de augas residuais.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



