Celébrase o vindeiro domingo, 14 de febreiro, o Día dos Namorados, unha efeméride universal pola que se fomenta o intercambio de agasallos entre as persoas amadas. A orixe desta conmemoración é confuso, pero a versión mais extendida fala dun sacerdote nacido en Roma, alá polo século III. Alí gobernaba Claudio III, emperador romano que levou a cabo as mais crueis persecucións contra os cristiáns, e sostiña que éstes non deberían de casarse entre sí, ordeando que os que asi o fixesen fosen condenados a morte..
Por aqueles tempos, Valentín era bispo nunha diócese italiana, e conscente da inxustiza da prohibición, e de que o pobo debía de amar a Deus e unirse libremente, casaba ás parellas de forma secreta, agasallándoas cunha flor branca que significaba pureza e fidelidade.
Cando o descubriron foi detido e levado ante Claudio III, quen intentou convencelo para que abandonara o cristianismo e se unise ó imperio romano, concedéndolle a cambio o indulto da pena por desobedecer a orde imperial.
Valentín non aceptou e Claudio sentenciouno a morte. Pero antes foi ó cárcere, e neste punto aparace Xulia, a filla do carceleiro Asterio, da cal, se dí, Valentín se namorou. Xulia era cega de nacemento e moi fermosa. O sacerdote faloulle de Deus; ela veo o mundo a través dos ollos de Valentín, e a fe en Deus e a tranquilidade espiritual fixo que un día Xulia poidese ver.
Finalmente o santo foi executado o 14 de Febreiro de 271 e soterrado na igrexa de Práxedes, en Roma.
A lenda dí que Xulia plantou unha árbore de almendros con flores rosadas, e hoxe a árbore é un símbolo de amor e amizade.
Os restos de Valentín gárdanse en Madrid, na igrexa de San Antón, e a xente pídelle milagres amorosos tódolos días.
A celebración do Día de San Valentín oficializouse en 1969, ano no que o calendario católico estableceo o día 14 de febreiro como recordatorio do santo.
A mestura das historias, lendas e celebracións do pasado convirtiu a esa data no Día dos namorados.
O sentimento amoroso, patrimonio de tódolos humanos, xerou as mais brilantes páxinas da literatura universal, primeirísima fonte de inspiración de poetas e literatos, músicos e creadores das diversas artes; acicate de guerreiros, inspirador das mais sublimes accións e dos mais devastadores feitos.
A historia e a literatura inmortalizaron a persoaxes arredor do amor nas mais diversas manifestacións : Marco Antonio e Cleopatra; o Cid Campeador e dona Jimena; Napoleón e Josefina ou o rei Pedro de Portugal que, despois de morta, coroou raíña á galega Inés de Castro son, con moitos outros, exemplos de cómo o amor estivo, ó longo dos tempos, vencellado ó destino dos pobos.
Por outra banda, a poesía e a lenda crearon figuras que foron, e seguen a ser, testemuña da forza coa a que o amor incide nos comportamentos humanos : Calixto e Melibea en La Celetina; o amor ilusorio de don Quijote e Dulcinea; ou o platónico de Cyrano de Bergerac e Roxana, na obra inmortal de Edmund Rostand; a traxedia amorosa de Romeo e Julieta, de Shespeare; os Amantes de Teruel, de Harzembuch; o prototipo romántico de don Juan Tenorio e dona Inés, de Zorrilla; o apaixoado romance de Pérez Galdós e Emilia Pardo Bazán, ou o non menos vehemente da escritora George Sand e o compositor Federico Chopín; o amor, fraguado a golpe de tuna, de Gerardo e Carmiña en La Casa de la Troya ou o amor bucólico, puro e sinxelo, pero ultraxado, de Martiño e Rosa na lenda A Virxe do Cristal, de Curros Enriquez. Mil xeitos, en fin, e mil motivacións distintas que templan as cordas sentimentais do corazón humano, nesa relación agridoce, sempre ilusionante, que lle fixo decir a Campoamor : ” Todo en amor es triste / mas, triste y todo, / es lo mejor que existe”.
Suso Fernández






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



