Os focenses acabamos de celebrar unha efeméride da vida veciñal. Trátase da 50 xuntanza para reclamar a dotación ó noso pobo dun servicio de urxencias sanitarias as 24 horas do día. É certo que o obxetivo aínda non se alcanzou, pero a experiencia serve para constatar dúas evidencias: o traballo incansable, serio, honesto e altruista da Plataforma pola Sanidade focega e, como contrapartida, o déficit de vergoña e de dignidade dos políticos, locais e autonómicos, que teñen ou tiveron competencias na área sanitaria do país. Ou sexa, todos. E decimos isto non porque a demanda non fose xa resolta favorablemente ós intereses veciñais, que algunha recóndita explicación podería ter, senon ó proceso que ó longo de mais de oito anos non foi senon unha sucesión de actitudes e comportamentos, insólitos e amorais, e mesmo insultantes, idénticos, dos partidos no concello: PP, PSOE e BNG. Os tres burláronse a cotío da cidadanía, utilizaron as mesmas mentiras e falsedades, igoal cinismo, dobregándose todos iles ós intereses puntuais dos seus domadores, en función do estatus que en cada intre ocupaban, (goberno ou oposición), e menospreciando, sen consideración, ó pobo e ás súas xentes. É decir, exercendo un humillante servilismo partidista. Hai quen cre que “non todos os políticos son iguais”: neste caso a teoría, posiblemente ben intencionada, derrúbase polo seu propio peso; ¡igualiños!. O incumprimento da palabra dada, común a todos eles, utilizada só como cebo á captura do voto, fala da falta de consideración e de respecto que para as xentes da política merecen os cidadáns: “Os políticos son capaces de prometer unha ponte onde non hai río” , como dixo a escritora Elvira Lindo.
“Fartos de promesas electorais incumpridas, dous pobos turcos boicotearán as eleccións próximas”, según no seu día noticiara a Axencia Efe. “Prohibida a entrada ós políticos”, rezaban senllos carteis ás entradas de Kusdagi e Vanh. Os seus alcaldes, que ó parecer están cós veciños, decrararon: “Non queremos que ninguén nos engañe mais. Non votaremos ningún partido, mentres os nosos problemas non sexan solucionados”.
Suso Fernández





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



