Nota de Prensa
Demanda da Xunta as accións necesarias para retomar a construción no Monte Veciñal en Man Común Paleira, baixo as condicións técnicas que marca a Real Federación motociclista Española para os seus campionatos
O PPDEG SOLICITA A CONSTRUCCIÓN DUN CIRCUÍTO DE MOTOCROSS EN TRABADA (LUGO)
* A deputada popular Emma Álvarez considera que na Mariña de Lugo hai varios moto clubs formados sen un circuíto estable, o que ocasiona numerosos problemas xa que usan pistas dos montes non acondicionadas co conseguinte perigo para os participantes
* Na iniciativa esixe retomar os tramites un proxecto “constantemente vendido polo BNG e en concreto ex-conselleiro de Industria Fernando Blanco pero que quedou no camiño”
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei instando á xunta a levar a cabao cantas accións foran necesarias para retomar a construción dun circuíto do MotoCross no Monte Veciñal en Man Común Paleira, no concello de Trabada (Lugo), baixo as condicións técnicas que marca a Real Federación motociclista Española para os seus campionatos.
A deputada popular Emma Álvarez Chao considera que na Mariña de Lugo existen varios moto clubs formados que non teñen un circuíto estable onde practicar este deporte o que ocasiona numerosos problemas, xa que usan pistas dos montes que non están acondicionadas para elo, co conseguinte perigo para os participantes como para outros usuarios do monte.
Segundo Emma Álvarez, concretamente no concello de Trabada se barallou a posibilidade de crear un destes circuítos nos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Paleira con boa disposición por parte dela, existindo unha cesión dos terreos necesarios para a súa construción por un tempo mínimo de 10 anos con data de 27 de xuño do 2007.
A deputada popular criticou que “foi un proxecto constantemente vendido polo BNG e en concreto polo ex-conselleiro de Industria Fernando Blanco que tivo reunións cos comuneiros do Monte e con membros dos motoclubes da zona na parroquia de Valboa, xunto ao portavoz municipal do BNG, pero as xestións quedaron no camiño”.
Para Emma Álvarez este monte ten unha boa comunicación por estradas e tería unha ampla zona de influencia: a zona Norte da provincia de Lugo así como o occidente asturianos que ata o de agora tamén carece deste tipo de instalacións. Recordou tamén que esta Comunidade de montes está intentando un aproveitamento multifuncional do monte, axeitando os usos ás demandas dos veciños e veciñas comuneiros e da sociedade en xeral.
Segundo a deputada do PPdeG, esta iniciativa nace tras a reunión mantida hai poucos días por o alcalde de Trabada e ela mesma co Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.


















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).