NOTA DE PRENSA
Os populares consideran que os presupostos municipais para 2010 “agravarán os problemas financieiros do concello”.
Para o PP, “nin son austeros, nin reducen o gasto diverso”.
O PP afirma que os presuposto municipais “só dibuxan a guerra interna que hai dentro do bipartito”.
O PP de Burela asegurou hoxe que os presupostos municipais para o presente ano que o alcalde e o bipartito levarán ó pleno do vindeiro xoves só provocarán que se agraven os problemas financieiros que xa tén o concello, porque nin son austeros, nin reducen gasto diverso nin axudarán ás familias en risco de exclusión económica ou social.
Os populares consideran que os presupostos non son austeros, porque hai partidas descaradamente infladas e inclúen subvencións de outras administracións que están sen confirmar. Tampouco cortan co gasto diverso, porque segue habendo partidas destinadas a este concepto con contías importantes, e non se contempla ningún tipo de axuda ás familias burelesas que están en situación de risco de exclusión social ou económica por culpa da crise económica, crise xenerada polo goberno de Zapatero co apoio no Congreso do BNG.
Esto é o que saca en conclusión o PP logo de facer unha primeira lectura dos presupostos, que acadan a contía de seis millóns cen mil euros. Así, os presupostos presentan unha contía destinada a investimentos reais que anda nos cen mil euros. Dentro deste investimento están a segunda parte do alumiado público e mobiliario de Rosalía de Castro e Pardo Bazán, que xa está feito, con 38.337’21€, e as obras do Plan de Obras e Servicios (POS)-2010, que contará con 42.800’00€. A esto hai que sumar 16.000’00€ para melloras no Parque de Tíjola e mil euros para Protección Civil. En total, escasmente cen mil euros, é decir, o 1’65% do presuposto.
O presuposto pírrico de investimentos será posible porque entre a Deputación e a Xunta aportan algo máis de cincuenta mil euros, para a obra de Rosalía de Castro e Pardo Bazán, para o parque de Tíjola e para o POS.
Esto confirma a nosa afirmación de que en Burela non se move nada se non o fai a Xunta, e que cando acabe o Plano E Burela estará “parada”.
Ademais, os populares afirman que esta primeira lectura dos presupostos tamén presenta datos relevantes sobre a guerra interna que se está a vivir dentro do bipartito e que non é capaz de atallar o alcalde: o BNG segue sacando tallada para as súas delegacións, mentres que a delegación de Emprego ou a de Medio Ambiente desaparecen practicamente dos presupostos xa que contarán con contías mínimas e ridículas para desenvolver as súas actividades. Dous exemplos, Turismo contará con doce mil euros para gastar como queira, pero Medio Ambiente só dous mil.
Finalmente, os populares aseguran que o bipartito non axuda a sair da crise. A crise vaise agudizar ainda máis cos presupostos que aprobará o bipartito, e tamén se agudizará a crítica situación económica do concello, gracias á irresponsabilidade do alcalde e do bipartito.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



