CERVO .- A asociación “Draco Animal” organiza a fin de semana un curso de terapia asistida con animais co fin de afondar no coñecemento das condutas animais e aproveitalas no tratamento de determinadas problemáticas de saúde, tanto física como e psicolóxica. A organización conta coa colaboración do Concello de Cervo.
dor desta actividade na que colabora o Concello
Nota de Prensa
A asociación ‘Draco Animal’ é o organizador desta actividade na que colabora o Concello
O CONCELLO DE CERVO ACOLLERÁ O VINDEIRO FIN DE SEMANA UN CURSO DE TERAPIA ASISTIDA CON ANIMAIS
* O seu obxectivo é afondar no coñecemento das condutas animais e aproveitalas no tratamento de determinadas problemáticas de saúde, tanto física como e psicolóxica
Cervo, 25 de marzo de 2010.- A localidade cervense de Rúa acollerá durante o vindeiro fin de semana un curso de terapia asistida con animais promovido pola asociación “Draco Animal” que será será impartido pola psicóloga Isabel Salama baixo colaboración da Universidade autónoma de Madrid e a Asociación Española de Terapias Asistidas con Animales y Naturaleza (Aetana).
O curso dará comezo o sábado, día 27, e prolongarase ata o domingo 28. No transcurso destas dúas xornadas os participantes terán a oportunidade de afondar no coñecemento das condutas, instintos e pautas habituais dos animais que habitualmente temos máis de preto (cans, gatos, cabalos, etc…) a través de charlas, visionado de vídeos e prácticas con cans adestrados co obxecto de aproveitar eses comportamentos para o tratamento de determinadas problemáticas de saúde, tanto física como e psicolóxica.
O Concello de Cervo colabora coa organización deste curso poñendo a disposición dos participantes as instalacións das antigas escolas de Rúa, así como determinados medios materiais para o desenvolvemento deste curso.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, subliñou o compromiso do Goberno municipal por colaborar en todo tipo de actividades formativas que, como neste caso, afondan na investigación de métodos positivos para a saúde e na experimentación en clave de respecto cos animais.
Hai que lembrar que esta é a segunda vez que o Concello de Cervo colabora na organización dunha actividade destas características. En marzo do ano pasado Sargadelos acolleu unhas xornadas semellantes nas que participaron unha vintena de persoas e en outubro do 2009 tivo lugar tamén en Sargadelos un cursiño de iniciación ao adestramento de cans mediante a técnica denominada “clicker”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



