LUGO .- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, subliñou a importancia de que as administracións públicas e os axentes sociais traballen de xeito coordinado, “as primeiras creando as condicións axeitadas e os segundos desenvolvendo as súas ideas, xa que desta simbiose debe resultar o progreso económico e social que todos perseguimos”.
Arias realizou estas declaracións no marco do encontro que tivo lugar hoxe no edificio Administrativo da Xunta cunha vintena de membros da Asociación de Xóvenes Empresarios, co seu presidente –Santiago Seijas- á cabeza, e ao que asistiron tamén o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, a concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez, e o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria, José Manuel Vázquez Leirado.
Diante dos representantes dos novos empresarios lucenses, a delegada aludiu ao programa ImpulsaLugo como “exemplo precisamente do éxito desa unión entre administracións e axentes sociais á que facía referencia”. Ao respecto, cabe destacar que se tramitan actualmente 35 proxectos que presentaron solicitude de subvención ao abeiro deste programa, que suman un investimento de 45 millóns de euros na provincia.
A delegada considerou fundamental simplificar os trámites que os emprendedores deben realizar ante as administracións e responder con maior eficacia ás necesidades e propostas dos empresarios.
Arias apuntou algunhas medidas da Xunta que contribuirán a este obxectivo. Por un lado, un incremento da contía das subvencións para novos emprendedores, xa que se eleva de 500.000 euros a 1,5 millóns o investimento subvencionable sobre o que se calculan as axudas -que pode chegar a ser do 40%-. Doutra banda, o compromiso de pagar nun prazo non superior a 45 días todas as subvencións por importe inferior a 150.000 euros.
Licitación electrónica
Destaca tamén a implantación da factura e da licitación electrónicas, unha nova fórmula que permitirá á Xunta pagar aos seus provedores no prazo de 45 días, 15 menos que a esixencia legal. “Á marxe de ser un paso máis na implantación da e-administración, -explicou a delegada- esta iniciativa en concreto supón un cambio cualitativo para as empresas galegas interesadas en concorrer ás licitacións da Xunta, xa que precisamente moitas retraíanse pola complexidade do proceso e a tardanza nos pagos”.
Arias explicou que hai outras medidas do IGAPE en marcha que tamén son do interese dos empresarios, destacando a próxima habilitación de axudas a fondo perdido para equipamento no sector servizos, cun investimento subvencionable de 30.000 a 200.000 euros, así como incentivos para a reorientación e o incremento da competitividade das Pemes galegas.
A delegada territorial agradeceu a presenza dos representantes das administracións locais e do empresariado neste encontro, xa que “reunións como esta permítennos poñer en común opinións, inquedanzas e novas propostas. Ver, en definitiva, os pasos que se deben dar cara ó futuro, tanto dende as empresas como dende as institucións”.
“Considero que, sobre todo, é unha oportunidade para que os políticos nos acheguemos á realidade empresarial e tamén para dar a coñecer ou lembrar as diferentes medidas e liñas de axudas que as administracións temos en marcha. E, especialmente, para ver entre todos cales son máis eficaces e cales necesitan unha volta”, concluíu.




















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



