NOTA DE PRENSA
A nosa comarca gana peso na formación provincial das xuventudes do Partido Popular
CATRO MOZOS DA MARIÑA FORMAN PARTE DA XESTORA PROVINCIAL DE NOVAS XERACIÓNS QUE PRESIDE O RIBADENSE DANIEL VEGA
* Juan Francisco López Prieto de Trabada, Vicente Vázquez Chao de Viveiro, Antonio Recalde Seivane de Lourenzá e Juan Antonio Gallego Prieto de Cervo desempeñaran distintas responsabilidades na nova dirección lucense.
A Mariña, 29 de marzo de 2009.- Catro mozos da nosa comarca acompañarán ao ribadense Daniel Vega –que a preside- na nova dirección das xuventudes do Partido Popular na provincia de Lugo. Deste xeito a Mariña lucense gana peso no seo deste colectivo que renovou a súa xestora o pasado sábado nun acto celebrado na cidade de Lugo.
Daniel Vega con 26 anos, enxeneiro técnico agrícola, ata o de agora presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Ribadeo asume a responsabilidade de liderar a primeira agrupación xuvenil da provincia de Lugo. Nesa tarefa estará acompañado doutros catro mozos como son o trabadense Juan Francisco López Prieto que desempeñará o cargo de vicesecretario de Medio Rural, Medio Ambiente e Medio Forestal, o vivairense Vicente Vázquez Chao como vicesecretario do Mar –quen tamén preside Novas Xeracións na cidade do Landro-, o laurentino Antonio Recalde Seivane como vicesecretario de Deportes –é edil do Partido Popular no seu concello natal- e o cervense Juan Antonio Gallego Prieto que formará parte do Gabinete de Comunicación.
Daniel Vega substitúe na presidencia das novas xeracións a Antonio Basanta, natural de Cervo, actual Xefe de Relacións Parlamentarias da Consellería do Mar.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



