LUGO .- A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, o Deputado de Gandeiría, José María Arias, a Concelleira de Castro de Rei, Ana Canto, e o Presidente de ACRUGA, César Dorado, participaron este mércores na visita que realizaron á Granxa Gayoso Castro autoridades, gandeiros e medios de comunicación de Brasil. O motivo da mesma, que estivo organizada por GMG -grupo líder en Brasil na comercialización de xenética de rubia galega e frisona-, é coñecer as distintas iniciativas que o organismo provincial ten en marcha para impulsar o sector agrogandeiro en xeral e de extrapolalos ó seu país, xa que GMG está a levar a cabo un importante proxecto para liderar a produción láctea no estado brasileiro de Río Grandal do Sur. En definitiva, o que buscan é cruzar a raza rubia galega coa frisona para crear un sistema alternativo e complementario para mellorar a produción cárnica.
Neste senso, os gandeiros amosaron o seu interese fundamentalmente polo Centro de Recría de Gando frisón que o organismo provincial construirá este ano na Granxa Gayoso Castro, e que será o primeiro centro de recría público de España, ademais do Centro de Raza de Rubia Galega que leva funcionando no mesmo lugar dende 2007. A Vicepresidenta Segunda subliñou que “é un motivo de satisfacción saber que administracións e gandeiros doutros países se fixan nos proxectos que estamos a levar a cabo dende a Deputación para facer máis competitivo este sector e nos que somos pioneiros. Un exemplo é o Centro de Recría que imos construír na Granxa, no que investiremos 12 millóns de euros, e nace coa vocación de ser un referente non só a nivel galego e no noroeste peninsular, senón como puidemos ver hoxe, incluso a nivel internacional”.
A este respecto, Lara Méndez explicou a situación na que se atopa o proxecto, que é a iniciativa agrogandeira máis revolucionaria levado a cabo nas últimas décadas en Galicia. “Logo de ser aprobado polo Concello de Castro de Rei e de que non tivese ningún tipo de alegación, leva dous meses na Consellería de Urbanismo, que é quen debe dar os permisos para comezar as obras. O prazo fixado no que a Xunta debe contestar é de 3. Estamos á espera de que a administración autonómica actúe coa máxima celeridade porque na Deputación queremos que o Centro, que vai ser revolucionario no sector, se constrúa canto antes”.
O outro proxecto no que a Deputación tamén está inmerso é na mellora da expansión de raza rubia galega, dentro do convenio de colaboración subscrito nada máis chegar ó goberno da Deputación para expandir e mellorar xeneticamente a raza con ACRUGA. A Deputación, neste caso, achega 150.000 euros, o que supón unha aposta única dunha Deputación en España nun Centro de Recría. A nave albergará a máis de 200 xovencas e, en total, investirase na súa construción 417.347 euros, que serán financiados integramente polo organismo provincial.
José María Arias subliñou que “en Brasil a rubia galega está estendida. Intentan, a parte de manter a raza, facer o cruce con frisón e que dá exemplares con mellores aptitudes para o seu desenvolvemento. Os animais recríanse en menos tempo e a produción láctea aumenta. Ademais, diminúen os custes de produción cárnica, polo que este proxecto e as 200 xovencas serven para que incluso poidan ser exportadas a Brasil en ganderías que se están implantando de novo”.
Na visita, que estivo organizada polo director comercial de GMG, Eduardo Grandal, participaron unhas 30 persoas, entre as que destacan o Director da Federación de Traballadores de Agricultura, agrupación que na actualidade conta con 300.000 asociados en Brasil; e as cooperativas Cosuel, que se adica á produción de leite e porco e da que viven unhas 6.000 familias, e Languiru, a derivados lácteos e á produción avícola.
Outro proxecto de cruce da raza galega coa autóctona
Dende 2007 explotacións gandeiras de tres Estados brasileiros diferentes: São Paulo, Goias e Mato Grosos, están empregando, en colaboración con ACRUGA, seme de raza rubia galega como raza paternal para o seu cruce coa autóctona brasileira, a nelore, por medio dun grupo empresarial denominado Pão de Azúcar, que conta con máis de 600 centros comerciais distribuídos por todo o país.
A través deste sistema e logo de que a comercialización de seme de rubia galega e de que as relacións con ACRUGA comezaran hai unha década, GMG hai 5 anos chegou ás 20.000 cabezas. Nestes momentos, contan con 60.000 reses cruzadas e, en 2011, agardan chegar máis de 100.000.
Grandal sinalou que “é un proxecto que se vén desenvolvendo dende hai anos. Xa foron de Galicia para o noso país máis de 300.000 doses de seme. Temos un programa de produción de carne para incrementar a súa calidade e o crecemento dos produtores, aumentando os seus ingresos”.
Na visita, ademais de Eduardo Grandal e das duas cooperativas, tamén participaron os directivos e veterinarios especializados no programa de mellora xenética, así como o Deputado e Presidente da Comisión de Agricultura Agropecuaria e Cooperativista do Estado, o reitor da Universidade brasileira e os Alcaldes de Colinas, Santa Clara do Sur, Westfalia, Arroyo do Medio e Antagorda, ademais do Presidente da Cámara, Industria e Comercio da rexión de Valdo do Acuarel, ademais da entidade bancaria máis importante do estado de Río Grandal do Sur, Sicredi.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



