LUGO .- A Deputación complementa a implantación das TICs en todos os Concellos cun Plan Avanza dotado con máis de 400 mil euros. Deste cantidade, 306 mil euros son aportados polo Ministerio de Industria e 113 mil polo organismo provincial.
Nota de Prensa
A Deputación complementa a implantación das TICs en todos os Concellos cun Plan Avanza dotado con máis de 400.000 euros
– Deste cantidade, 306.000 euros son aportados polo Ministerio de Industria e 113.200 polo organismo provincial
– A través deste proxecto, a Deputación permitirá ás entidades locais ser máis eficaces e mellorar a súa xestión, crear novos postos de traballo coa incorporación de persoal cualificado, e aforrar cartos e tempo ós vecinos nos procedementos administrativos
– Gato Soengas subliña que “demostramos, unha vez máis, que a Deputación é útil onde realmente o necesitan os veciños, xa que asumimos a súa posta en marcha aliviando ás entidades locais deste custe”
– Melloras nas páxinas webs municipais, facilitar o desenvolvemento do planeamento urbanístico e solicitar telematicamente unha subvención, unha licenza ou realizar un pago, son algunhas das novidades que permitirá o Plan
A Xunta de Goberno deste venres aproubou un novo proxecto, ”Despregue das Solucións Avanza Local nas Entidades Locais”, que será cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para seguir avanzando no obxectivo de complementar a implantación das TICs nos Concellos da provincia e conseguir que Lugo abandone o paleolítico informático e entre de cheo na Sociedade da Información. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato, lembrou que “un dos obxectivos que nos marcamos cando chegamos ó equipo de goberno, xunto co medio ambiente e coa creación de emprego, é a implantación das novas tecnoloxías da información e da comunicación na provincia. O primeiro paso démolo co Innova-TE, o prego máis amplo e importante que vai abordar, coa máxima garantía, o maior investimento en TICs feito nunca na historia da provincia e de Galicia e, hoxe, aprobamos un novo proxecto, que nos permitirá seguir avanzando neste obxectivo”.
O Plan Avanza diferénciase do Innova-TE en que os auténticos beneficiarios son 67 Concellos e, por consecuencia, os 357.625 veciños e veciñas da provincia. A Deputación lidera o proxecto e contribúe ó seu financiamento. O investimento total é de 419.500 euros, dos que 306.235, é dicir o 73%, son aportados polo Ministerio de Industria e o 27% restante, 113.264 euros, polo organismo provincial. “Deste xeito, demostramos, unha vez máis, que a Deputación é útil onde realmente o necesitan os veciños, xa que asumimos a súa posta en marcha aliviando ás entidades locais deste custe. Isto é importante, sobre todo, nestes momentos de crise”.
Importancia do Plan
A provincia de Lugo conta con 67 Concellos que supoñen o 21% do total dos municipios de Galicia. En total, absorben un 13% da poboación. Destas cifras obsérvase que a dispersión poboacional é das maiores non só de Galicia senón tamén da nación. Segundo o Instituto Galego de Estatística, as maiores carencias detéctanse nos municipios de menos de 5.000 habitantes. Destes, só o 42% conta cun mínimo de administración electrónica e, na provincia de Lugo, esta diferenza aumenta ata un 51%, polo que se demostra que é imprescindible levar a cabo un proxecto específico para eles. En total, existe unha poboación de 92.764 habitantes dentro da provincia que nin sequera contan co nivel máis básico da administración electrónica.
Tendo en conta estas cifras, este Plan permitirá ás entidades locais ser máis eficaces e mellorar a súa xestión, xa que os cidadáns poderán facer trámites dende a súa casa sen ter que desprazarse ata o Concello, “co cal non só contribuimos a que presten un mellor servizo ós veciñons, senón que lles aforramos cartos e tempo”; diminuir os custes administrativos municipais, a través da tramitación electrónica e do aumento das posibilidades de atención ó usuario; e crear novos postos de traballo e novas oportunidades de negocio, xa que a súa posta en marcha implica a incorporación de persoal cualificado.
Medidas que beneficiarán ós Concellos e ós veciños
O proxecto contempla 4 medidas que beneficiarán ós Concellos e, por tanto, ós veciños da provincia:
1.- Implantación dun Localweb. Esta é unha ferramenta que permitirá mellorar as páxinas webs dos Concellos. Nestes momentos, moitos dos municipios teñen unha páxina moi sinxela, sen apenas contidos. Este sistema conseguirá que as webs sexan máis atractivas, máis innovadoras e que realmente respondan ás peticións de calquera veciño que queira consultar algo sobre un Concello determinado. “Por exemplo: este sistema permitiralles obter todo tipo de información: datas, lugares para visitar, onde comer…. En definitiva, se temos uma web atractiva conseguiremos que tamén nos visite máis xente e, como consecuencia, que aumente a nosa economía”, explicou Gato Soengas.
2.- Implantación dun LocalGis (Sistema de Información Territorial para Concellos). Permitiralles ós municipios realizar o seu planeamento urbanístico a través de fontes de información xeográfica, así como visualizar os distintos mapas e navegar sobre eles. Ademais, facilita a xestión de información do catastro, patrimonio, infraestruturas, licenzas de obra, concesións de ocupación da vía pública, etc.
3.- Implantación do Padrón: É un sistema Integrado de Xestión de Habitantes do INE e do padrón dos Concellos, de tal xeito que integrará os procedementos relacionados coa xestión da poboación: número de habitantes, datos electorais, intercambio de datos con outras administracións, etc
4.- Implantación dun SIGEM: Permitirá que o cidadán poida solicitar telematicamente unha subvención, unha axuda, unha licenza ou realizar un pago, ou recibir noticias da súa petición. Neste caso, o cidadán poderá indentificarse utilizando a firma electrónica, claves de acceso, e o DNI electrónico coa garantía da privacidade dos datos.
O proxecto ten unha vixencia ata 2011, pero isto non significa que unha vez rematado os Concellos se queren seguilo mantendo terán que facerse cargo da súa xestión. Neste senso, o voceiro provincial socialista indicou que “é un plan sostible, é dicir que unha vez que remate a vixencia do mesmo, os Concellos non terán que asumir ningún custe para o seu mantemento, senón que se manterá vivo ó longo dos vindeiros anos, axustándose ás distintas necesidades das entidades locais”.
Outros acordos da Xunta de Goberno
Tal e como anunciaron onte o Presidente e o Deputado de Infraestruturas aprobouse a conservación da rede viaria provincial que será bianual, e que divide á provincia en 8 zonas. Concretamente, inclúese a que resta deste ano 2010 e a correspondente á anualidade 2011-2012. O investimento que realiza a Deputación é de máis de 20 millóns de euros.
Asimesmo, deuse o visto e prace á tramitación ante a Consellería de Traballo das axudas establecidas por este Departamento na Orde de 19 de febreiro de 2010 para o fomento de emprego a través de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais. A Deputación solicita estas axudas da Consellería de Traballo para a incorporación de 63 persoas desempregadas co obxectivo de favorecer a súa inserción laboral. A incorporación deste persoal ten un investimento de 1.311.054 euros, dos que a Deputación achegaría 113.941 e o restante a Xunta de Galicia. O contrato sería de 12 meses.
Xornada informativa sobre a directiva
Antonio Gato tamén anunciou que o díaas 15 e 16 de abril a Deputación acollerá unha xornada informativa sobre a directiva Bolkenstein no ordenamento xurídico español e a súa implicación nos Concellos. En concreto, as actividades de servizos que se ven afectadas neste anteproxecto supoñen o 87% do valor engadido do serctor servizos en España e representan máis do 50% do emprego total da economía española.
O simposio, que se inclúe dentro do Plan Propio de Formación Continua para o ano 2010, está dirixido a todas aquelas persoas que se atopan no ámbito de decisión da Administración Local, tales como: Alcaldes, Concelleiros, Secretarios, Interventores, responsables de servizos técnicos municipais e provinciais, asesores xurídicos, responsables de contratación, etc. O prazo de presentación das solicitudes remata o 7 de abril e poderán dirixirse á Área de Formación ou ó correo electrónico: formacion@deputacionlugo.org.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



