Nota de Prensa
O BNG INVITA A ALGÚN REPRESENTANTE DO GOBERNO MUNICIPAL A DEBATER SOBRE A AFECTACIÓN DA VENTA, GONDRÁS E O GUIONCHO SOBRE A AFECTACIÓN DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL
Os nacionalistas acusaron ao PP de deixar indefensos aos veciños ao non asumir os efectos demoledores que este documento ten sobre o desenvolvemento urbanístico do concello
Da a sensación de que o goberno local nin se preocupou de mirar os planos
Cervo, 4 de marzo de 2010. O BNG convidou a algún representante do grupo de goberno de Cervo a acudir ao acto que o BNG ten convocado para mañá no Local Social da Venta para explicar a afectación do Plan de Ordenación do Litoral(POL), nos núcleos de Gondrás, A Venta e O Guioncho. Os nacionalistas lamentaron a falta de argumentos do PP, que negan os efectos que o POL terá sobre o desenvolvemento urbanístico do concello sen explicar aos veciños nada e polo que se ve, sen mirar sequera os planos, aventúranse a torpedear os actos que o BNG en solitario está facendo nas zonas afectadas.
Si o PP está tan convencido de que o POL non afecta en Gondrás, A Venta e O Guioncho que veña e se explique.
Os nacionalistas convidaron a algún representante do grupo de goberno a que acuda ao acto convocado na Venta e debatan co BNG en presenza dos veciños si a Venta, Gondrás e Leiro están ou non afectados polo POL, o portavoz municipal, Xoán Estúa, “recomendou aos membros do grupo de goberno que se estuden ben a lección xa que polo que se ve nin sequera miraron os planos”. “O nacionalista insistiu en que nestes tres núcleos hai 24 vivendas que figuran no POL como Nova Agrupación e outra no Guioncho está afectada pola zona de protección de ríos e queda fora de ordenación”.
O PP co POL a conta de seguir as directrices do partido deixa na indefensión aos veciños afectados
O Partido Popular intenta que as directrices fixadas polo POL pasen desapercibidas pola cidadanía, para iso nuns casos non informan e noutros desinforman, como fai o goberno municipal de Cervo que bota man de argumentario e esquece as súas obrigas na defensa dos intereses municipais. Para Estúa “a documentación contida no POL aínda que farragosa e enganosa e moi clara, como así tamén o confirmaron técnicos especializados en urbanismo, no caso de Gondrás, A Venta e O Guioncho e evidente con só ir á planimetría que os redactores do POL colocan a estes núcleos como Novas Agrupacións, cando non o son, e o modelo de xestión e a normativa fixa directrices para estes casos que limitarán no PXOM o seu futuro desenvolvemento urbanístico, por moito que o Partido Popular queira pechar os ollos”
O PP tivo a oportunidade de constituír unha comisión de avaliación do POL e non quixo
Estúa lembrou que na sesión plenaria celebrada o pasado 19 de febreiro o BNG presentou unha moción instando a constituír unha Comisión de Avaliación do POL para emitir nesta fase do documento as suxerencias correspondentes á que se negou o Partido Popular, para o portavoz municipal nacionalista “os populares erran na súa estratexia aceptando unhas directrices de ordenación do litoral que fixan un ordenamento contrario á realidade galega e neste caso de Gondrás, A Venta e O Guioncho, ao pretender converter nunha anormalidade núcleos que levan mais de 200 anos existindo e aos que agora se lles pretende cortar o seu desenvolvemento”
Por último Estúa negou que esteamos diante dun borrador, trátase dun documento que a Xunta ten intención de aprobar inicialmente no mes de abril e definitivamente en decembro, un prazo que o BNG entende excesivamente corto si o que se quere e fomentar a participación social e institucional na súa redacción definitiva, “unha participación que o PP semella querer negar impedindo a constitución de comisións de avaliación ou torpedeando os actos informativos que o BNG en solitario está facendo nos núcleos afectados”, rematou Estúa.



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



