Nota de Prensa
O BNG PIDE NUNHA MOCIÓN A RETIRADA DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL POLOS SEUS EFECTOS NEGATIVOS PARA O DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO DE CERVO
Os nacionalistas consideran o documento contraditorio e discriminatorio tanto en relación aos núcleos de asentamento tradicional do concello como coas determinacións fixadas no futuro PXOM de Cervo
As afectacións do POL en Cervo por riba da franxa do 500 mts da costa rozan as 600has., 370 has. en zona de protección das que 120 poderían considerarse urbanizabeis e hai 150 construcións que poden quedar fora de ordenación
Cervo, 24 de marzo de 2010. O Pleno da Corporación municipal debaterá mañá xoves unha moción nacionalista na que se insta á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas á retirada do Plan de Ordenación do Litoral. Os nacionalistas consideran que a redacción do POL e contraditoria, pobre e discriminatoria, ademais de contravir as disposición fixadas pola Lei 9/2002. O POL vai supor un mazazo para o desenvolvemento de moitos núcleos do concello ao non permitir a súa consolidación e deixar fora de ordenación unhas 200 construcións.
Calculan e mais de 200 as edificacións afectadas que poderían quedar fora de ordenación
Para o BNG son un “despropósito” as determinacións contidas no Plan de Ordenación do Litoral na súa afectación ao concello de Cervo. De acordo co disposto neste documento, 1.206ha de solo estarán sometidas a diferentes graos de protección, destacando que 586ha están por riba da franxa dos 500 metros da costa; o portavoz nacionalista, Xoán Antón Estúa, “preguntouse onde están os discursos catastrofistas do PP xa que agora non estamos diante dunha normativa provisional, senón dunha norma marco a que haberá que adaptarse.” Os nacionalistas informaron da existencia de 370ha. de solo de protección , das que 120 poderían considerarse como solo urbano non consolidado que non vai permitir ningún uso residencial.
Os nacionalistas informaron que a área determinada polo POL para Mellora Paisaxística e Medio Ambiental(MAP), afecta no concello de Cervo a 304ha. nas que agás excepcións, non están permitidos usos residenciais. Incluíndose nesta franxa zonas de Figueirido, Lieiro, Baltar, Cuiña, Rueta, Madeiro ou Fontao; ademais O Guioncho, e A Venta quedan fora de ordenación ao quedar incluídos na zona de protección de río co que o número de construcións afectadas pode chegar ás 200.
Críticas ao goberno local por non querer constituír a Comisión de Estudo do POL e non pedir informes sobre a súa afectación no PXOM
Por último os nacionalistas criticaron a negativa do goberno local a constituír unha comisión de valoración do POL que foi solicitada mediante unha moción no pleno celebrado o pasado mes de febreiro, para Estúa “o PP equivócase pensando que o POL e defendíbel só porque quen goberna e o seu partido, ao igual que se equivocaba antes cando dicía que o decreto dos 500 mts. hipotecaba a costa”, neste sentido, foi moi crítico co goberno municipal “que deixa na indefensión aos veciños e veciñas que viven nos núcleos afectados”. O BNG ademais cuestionou o proceder da alcaldía que tampouco quixo convocar á empresa redactora do PXOM para que informaran sobre as afectacións que o POL ten sobre o PXOM, “ o PP quere pasar de puntiñas polo POL e non lle importa os efectos contrarios que este teña sobre o desenvolvemento urbanístico municipal, rematou Xoán Estúa.”




















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



