NOTA DE PRENSA (FNC)
O BNG SOLICITA UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA ANALIZAR A SITUACIÓN URBANÍSTICA DE BARREIROS. UNHA DEMANDA QUE FOI APOIADA POLOS OUTROS GRUPOS DA OPOSICIÓN PSOE E INDEBA.
Barreiros, 3 de marzo de 2010. O BNG ven de presentar no rexistro do Concello unha solicitude de pleno extraordinario para analizar a situación urbanística de Barreiros. Unha demanda que foi apoiada polos outros grupos da oposición PSOE e INDEBA.
O portavoz nacionalista Antonio Veiga sinala que “nesa sesión queremos que se vexa o convenio para o desbloqueo urbanístico, o Plan de Ordenación do Litoral e o propio PXOM e qué medidas se van adoptar. Nós entendemos que estas tres cousas están íntimamente relacionadas, non se pode empezar a falar do plan xeral sin mirar en qué condicións vai quedar Barreiros si se aproba o POL tal cual está. Agardamos que non porque este é un prohibitivo e restrictivo, ao contrario do que veu dicindo o señor alcalde días pasados. Será ben que todos vexamos ese Plan de Ordenación do Litoral, porque no pleno de xaneiro Alfonso Fuente se negou a debatir unha moción do BNG na que se pedía a creación dunha comisión de estudio dese POL, porque en febreiro e marzo é cando os Concellos teñen que facer ese análise para despois remitirllo á Xunta, antes da súa exposición pública para a presentación de alegacións prevista para despois do 15 de maio”.
Veiga Outeiro asegura que “co convenio para o desbloqueo urbanístico se nos está a tomar o pelo aos grupos da oposición e tamén á cidadanía de Barreiros. Cúmprese un ano da chegada do PP á Xunta e habería que refrescarlles a memoria aos barreirenses, ainda que algúns a teñen bastante fresca, e lembran o que dixo un destacado membro do PP na comarca no teleclube de Barreiros si nós entramos na Xunta o problema de Barreiros soluciónase nin plis plas e ese plis plas leva un ano, un ano de escapismo de Alfonso Fuente saíndose polos cerros de Úbeda e sempre poñendo disculpas… e ainda non sabemos en qué condicións se asinará, non sabemos si son institucións públicas o si son os promotores os que porán os cartos”. Os nacionalistas din que “esta situación está creando en Barreiros de desánimo e moi malo propiciado única e exclusivamente por esa nula xestión do PP na Xunta e en Barreiros. Desde o 1 de marzo de 2009 parece que o Concello quedou paralizado, en vez de poñerse a andar. Creo que os gobernos anteriores foron moito mellores para Barreiros que o actual”.
Antonio Veiga considera que “ese pleno se ten que convocar canto antes para sairmos de dúbidas e para dicirlle algo á cidadanía que leva un ano agardando por esa solución que ían dar nada máis entrar na Xunta. Esa afirmación fora moi aplaudida naquel acto por Alfonso Fuente e por todos os correlixionarios do PP, e agora é tempo de poñer respostas enriba da mesa e de falalo con todos os representantes dos veciños é dicir con todos os representantes políticos no Concello de Barreiros”.
Rede viaria
Desde o BNG critican “as ocurrencias do alcalde, coma a que fixo días atrás, de ir reclamar o arranxo dun vial á Deputación e polo que lle contestaron desde alí era competencia do Concello telo arreglado desde hai un ano, porque para eso ten asinado un convenio”. Os nacionalistas suliñan que “o triste deste caso é que a rede viaria local de Barreiros nunca peor estivo que agora, calquera veciño pode ir sinalando baches por diante da súa casa, sinalando derrubes que ocasionan cortes de vías desde hai un ano… creo que pouco xustifica o salario o alcalde indo a San Xusto a sacar unha foto e sinalar un bache. Eu non digo que outros deputados que están na oposición o teñan que facer, pero Alfonso Fuente non está na oposición senón que está a gobernar no Concello de Barreiros, eso sí teno totalmente desatendido”.
Antonio Veiga pídelle ao alcalde “un pouquiño de seriedade porque moitos veciños se botaron as mans á cabeza cando o viron sinalando un bache nunha vía que é competencia do Concello, pero ademáis non mira para todas as estradas igual que tamén son competencia del e que están nun estado desastroso. Haberá que ver tamén desde Medio Rural dentro do plan de equipamentos e infraestructuras municipais canto lle van asignar ao Concello de Barreiros para arranxar todo eses viais”. O voceiro do BNG lembrou que “no último pleno Alfonso Fuente recoñeceu, a través dunha pregunta que nós lle plantexamos, que nos últimos catro anos fora cando máis cartos recibira o Concello dunha consellería gobernada polo BNG para o adecentamento de viais e camiños… foron preto de 200.000 euros por anualidade, haberá que ver canto lle concede agora ese suposto goberno amigo. De momento non lle debeu dar nada de momento porque a rede viaria local que é competencia do Concello está no peor estado das últimas dúas décadas”.




















Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.



