BURELA (FNC) .- O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi valora de xeito positivo a presenza de Burela en Xantar 2010. O edil nacionalista destaca a “exitosa participación en Xantar 2010 do Concello de Burela onde o pasado sábado tivo lugar o día máis significativo para a nosa vila, xunto con Asturias e o Concello de Avilés”. González Legazpi tamén suliñou “a degustación do bonito de Burela, preparado polos profesionais do Centro de Hostalaría Villamarín ubicado coa denominación de Restaurante Xacobeo. Un acto no que participou o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e unha degustación que tivo unha importante acollida de público e un resultado extraordinario na súa preparación a xulgar polos presentes que saborearon o preciado príncipe azul”.
O concelleiro de Turismo tamén aludiu “á visita que cursou ao stand de Burela o presidente da Xunta, co que puidemos conversar Neves Cando e máis eu, e intercambiamos opinións sobor da importancia da divulgación turística para os Concellos, as necesidades de apoio cara a consecución das políticas positivas neste ámbito , así como sobre a celebración da festa do Bonito en Burela no mes de agosto a que convidaron ao presidente da Xunta”.
José González Legazpi considera que “alí onde se atopa a torta de queixo de La Serena, o xamón da Dehesa de Extremadura, a repostería de Avilés, ou mesmo as cofradías dos viños de Tenerife ou Canarias, por poñer uns exemplos, non pode faltar, e debe de estar o bonito de Burela. Iso nos favorece cara a potenciación da nosa gastronomía e valoriza ao Concello de Burela como destino turístico de forma importante dentro da nosa comarca e determina tamén a nosa presenza nos medios vencellados a este interesante Salón Galego da Gastronomía e o Turismo e por tanto afianza as nosas posibilidades de desenvolvemento”.
O responsable de Turismo en Burela engade que “seguiremos dende esta Delegación a desenvolver políticas cara a consecución dun escenario competitivo en materia turística convencidos de que, a pesares da situación actual de transformación económica, unha parte importante da sociedade seguirá a dedicar parte dos seus recursos ao sector turístico no ámbito da súa diversidade e por tanto o Concello de Burela debe atoparse dentro de ese escenario positivo para a potenciación do seu turismo gastronómico, cultural e histórico primordial para as economías dos municipios e relevante para Burela cara ao seu distinguido posicionamiento dentro da comarca de A Mariña”.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



