SANTIAGO .- A Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, do Parlamento galego aprobou hoxe unha iniciativa presentada polo Grupo Popular dirixida a minimizar os danos que os xabarís producen na agricultura. A deputada popular Emma Álvarez Chao, que defendeu a proposición non de lei, destacou que os danos producidos aos cultivos agrícolas pola fauna cinexética “aumenta ano tras ano” e, entre esas especies, “o xabaril é a maior ameaza para o agro galego, que acarrea cuantiosas perdas e que crea incerteza e impotencia nos agricultores”.
Emma Álvarez salientou a necesidade de controlar as poboacións desta especie e desbloquear zonas de caza restrinxidas na actualidade que son de interese agrario e que actúan como refuxios de camadas. “Hoxe por hoxe, a única alternativa para combater estes danos son as medidas cinexéticas coas restricións que estas teñen”, apuntou a parlamentaria, quen lembrou que a Consellería de Medio Rural colabora tanto coa Federación Galega de Caza como con asociacións de produtores de caza para minimizar os danos causados pola fauna e, doutra banda, para tratar de que a achega económica global para as axudas “non teña que medrar ano tras ano”.
Froito desta colaboración, explicou Álvarez, existe un estudio que, entre outras cousas, reflicte que os maiores danos prodúcense sempre nos mesmos concellos, concentrándose o 50% dos danos en 25 municipios. Así mesmo, o informe indica un incremento das solicitudes de indemnizacións por danos e, por outro lado, un notable incumprimento dos plans cinexéticos, polo que, “para achegar as axudas á realidade dos danos, caben dúas vías” como son “aumentar os recursos ata cubrir a totalidade do dano ou diminuír este de xeito que a axuda actual sexa suficiente”.
COLABORACIÓN ENTRE CAZADORES E SOCIEDADES DE CAZA
Dúas vías que poden complementarse, aínda que para a deputada popular habería que prestar “especial atención á diminución do dano” e dedicar os maiores esforzos a “aquelo que axude a minoralos”, a través da colaboración entre cazadores e sociedades de caza con dificultades para acadar as capturas establecidas no plan de xestión cinexética do TECOR.
Na proposición non de lei, que conta co beneplácito da Unión de Tecores de Galicia (UNITEGA), ínstase á Xunta a publicar á maior brevidade posible a orde de axudas do presente ano para paliar os danos do xabaril, cun orzamento mínimo de 250.000 euros. Así mesmo, e ademais de realizar o control da poboación de xabarís que habitan en zonas de especial interese agrario, coa colaboración das Sociedades de caza de Galicia e de estudar o desbloqueo de zonas de caza restrixindas na actualidade que son de interese agrario, a iniciativa propón crear un plan de actuacións específicas con medidas concretas encamiñadas a minimizar os danos provocados polos xabarís nas colleitas, facendo partícipes aos sindicatos agrarios, aos representantes dos cazadores e aos grupos conservacionistas.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



