NOTA DE PRENSA
O GMPP apoia a declaración do “Camiño do Mar” como novo viario de peregrinación a Santiago.
Piden que o concello de Burela apoie esta iniciativa.
Consideran que daría unha importante proxección turística á comarca e a Burela.
O PP de Burela manifestou hoxe que vén de presentar unha moción para que o concello inste á Xunta a desenvolver os trámites e xestións que estime oportunas co obxecto de oficializar como ruta xacobea un novo viario de peregrinación coñecido como Camiño do Mar, que transcurriría polos concellos costeiros da provincia. Asemesmo, solicitan que o concello mostre o apoio decidido da Corporación Municipal, nas tarefas que a Xunta de Galicia, a Deputación provincial e outras institucións e organizacións poidan desenvolver na divulgación e promoción deste percorrido.
Os populares salientan que, froito das investigacións históricas que teñen por obxecto o enriquecemento do noso patrimonio inmaterial como é, neste caso, o Camiño de Santiago, estarían a multiplicarse os datos que demostran a existencia dun novo trazado viario de peregrinación na costa norte galega, coñecido como O Camiño de Mar.
Cómpre aclarar que non se trata dun viario descoñecido e independente. As investigacións realizadas apuntan máis a que este camiño é unha continuación do trazado costeiro do Camiño do Norte en Asturias, que ao chegar a Ribadeo se bifurca: por un lado un ramal entraría polo interior, Ove, Arante, Lourenzá e Mondoñedo, ou o que é o mesmo o trazado oficial do Camiño do Norte e outro continúa pola costa.
Na moción dos populares faise constar que o trazado deste vieiro empeza en Ribadeo, continúa polos concellos de Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón e chega ata Neda, no que se funde co trazado oficial do Camiño Inglés chegando a Santiago.
Para que un camiño deixe de ser unha simple vía de comunicación e se converta nun camiño de peregrinación debe cumprir tres requisitos indispensables: demostrar a existencia dun camiño histórico sobre o que poder trazar, posteriormente, o itinerario da vía de peregrinación, corroborar a existencia dunha rede asistencial na que os peregrinos podan acollerse e atopar comida e cama e, finalmente demostrar a presenza continuada de peregrinos entorno a el e nun espazo temporal continuado.
Os populares tamén fan constar na súa moción que todas estas condicións se estarían a cumprir no caso do Camiño de Mar, pois existe documentación histórica máis que suficiente para dar testemuña da existencia deste vieiro. Documentación que pode consultarse actualmente nos arquivos catedralicio e diocesano de Mondoñedo, no Histórico Nacional e en diversos arquivos municipais e parroquiais.
Por eso, o Grupo Municipal do PP entende que esta moción, dada a trascendencia e repercusión a medio e longo prazo desta promoción cultural e turística, debería ser apoiada pola unanimidade da corporación burelesa. Para os populares, sen dúbida ningunha estaríamos ante o espaldarazo definitivo a nivel de promoción turística para o conxunta da comarca en xeral e para Burela en particular.
O PP tamén presentou hai dúas semanas unha moción solicitando que as pequenas e medianas empresas e os autónomos non abonen o IVE daquelas facturas que non cobren.
Un pleno máis, será o PP, ante a desidia e a falla de proxectos e de traballo do alcalde e do bipartito, quen leve ó pleno asuntos que son importantes para a economía local e para o desenvolvemento socioeconómico de Burela.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



