XOVE .- Organizado por BIC GALICIA en colaboración co Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local celebrase en Xove un seminario para a difusión da cultura emprendedora denominado “Ti podes crear a túa propia empresa”. Será o 19 de Abril na aula de formación do Concello de Xove.
NOTA DE PRENSA
SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA: “Ti podes crear a túa propia empresa”.
Está aberto o prazo para inscribirse no SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CULTURA EMPRENDEDORA” que terá lugar o 19 de Abril de 2010 na Aula de Formación do Concello de Xove, das 17:00 ás 20:00 horas.
Este seminario está organizado por BIC GALICIA en colaboración co Concello de Xove a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
Contidos:
o ¿Qué necesitamos para montar unha empresa?
o O emprendedor: ¿cales son as motivacións que nos levan a emprender?, ¿qué dificultades atoparemos no camiño?, ¿cales son os mitos arredor da figura do emprendedor?.
o A idea: ¿cómo podemos xerar unha boa idea empresarial?, ¿cómo podemos efectuar unha primeira avaliación da nosa idea?
o O Plan de Empresa: ¿Cómo converter a miña idea en empresa? ¿qué necesidades teño e cales son os recursos ao meu alcance?
Fundamentación:
Ti tamén podes ser empresario ou empresaria ao igual que o conseguiron as persoas empresarias das que se vai a falar.
O IGAPE apoia a todas aquelas persoas que, coma ti, teñen ganas de emprender e boas ideas que deberían materializarse nun proxecto de negocio con futuro.
Neste seminario, de 3 horas de duración, descubrirás cómo xurden as ideas empresariais, cómo se poden detectar boas oportunidades de negocio e cómo converter un proxecto nunha empresa.
Coñecerás ademais de primeira man a testemuña dun empresario de Xove, Aladino Fernández Fra, que contará a súa aventura empresarial: O Centro de Fisioterapia Xove
¿Necesitas un impulso?. Ven e aproveita os recursos que poñemos a disposición de emprendedores coma ti.
Asistentes:
O único que se considera imprescindible para asistir a este SEMINARIO é ter interese polo xurdimento de propósitos empresariais, polo que non é necesario dispor dunha idea previa.
Considerase a asistencia a este seminario moi útil para persoas emprendedoras, alumnas de Accións de Formación (especialmente alumnado de últimos cursos de Formación Profesional), profesoras de orientación laboral, orientadoras, beneficiarias de Programas de Fomento de Emprego, desempregadas,…
O número de prazas é limitado e expedirase certificado de asistencia.
Información e inscricións: 982592001 – Departamento de emprego e desenvolvemento local.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



