O departamento de cultura de Lourenzá organiza un recital poético, a cargo da autora Carmen Blanco, que leva por título “Estranxeira na súa patria: de Rosalía de Castro a Luz Pozo Garza”. Terá lugar o vindeiro mércores, ás 17:30 horas, nas dependencias do Salón de Actos da Casa da Cultura.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



